InicioEconomíaConde: "as expectativas non son nada boas" para Stellantis sen conexión á...

Conde: “as expectativas non son nada boas” para Stellantis sen conexión á rede de moi alta tensión

O conselleiro de Economía censura que "o Goberno de España está a beneficiar a outras comunidades fronte á competitividade do sector de automoción de Galicia". Stellantis Vigo critica que Goberno non a inclúa na rede de alta tensión e cre necesarias axudas a parte do Perte.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O vicepresidente económico da Xunta, Francisco Conde, advertiu de que “as expectativas non son nada boas” para a fábrica de Stellantis en Vigo sen a conexión á rede de moi alta tensión, que non está incluída na planificación de Rede Eléctrica ata 2026 –aprobada polo Consello de Ministros–.

Na súa resposta a unha interpelación do BNG na Cámara galega, Conde sinalou que esa conexión estaba chamada á mellora da competitividade da planta e de “a industria en Vigo”, pero lamenta que o Goberno non atendese ese investimento que estaba prevista para o período entre 2015-2020.

O conselleiro de Economía censura que “o Goberno de España está a beneficiar a outras comunidades fronte á competitividade do sector de automoción de Galicia”.

Así mesmo, lembra que Galicia opta a 1.200 millóns de fondos europeos a través do proxecto AutoÁncora, mentres se queixa de que a ministra de Industria xa mostrase o seu “apoio explícito” a unha fábrica de baterías de Volkswagen antes da convocatoria oficial.

Respecto diso, asegura que se vai a “seguir en detalle” o Perte da automoción e espera que Stellantis “poida competir en igualdade” de condicións que outros proxectos.

STELLANTIS VIGO

O director da fábrica de Stellantis Vigo, Ignacio Bueno, criticou ao Goberno despois de que o Consello de Ministros aprobase este martes a planificación da Rede Eléctrica ata 2026, sen incluír a demanda da factoría de Balaídos para contar coa posibilidade de conectarse á rede de Moi Alta Tensión.

Así o sinalou Bueno durante a súa intervención na Asemblea de Empresas do Cluster de Empresas de Automoción de Galicia (Ceaga) 2022, levada a cabo este mércores en Vigo e á cal acudiron, entre outros, o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, e o vicepresidente segundo e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación, Francisco Conde.

No discurso, o director de Stellantis Vigo lanzou unha “queixa amarga” ao Goberno tras “todos os esforzos” levados a cabo para que se atendese unha demanda “tan importante” para a planta automobilística. “É francamente decepcionante e unha mostra contraria ao espírito de colaboración pública que esperamos para manter a competitividade da nosa industria”, lamentou Bue, quen si puxo en valor o “apoio permanente” da Xunta ao sector.

ANO COMPLEXO

Na mesma liña falou o presidente de Ceaga, Roberto Cavallo, quen comezou o seu discurso agradecendo a Feijóo o seu apoio “desde o ano 2009” a Ceaga e ao sector da automoción galego. Cavallo indicou que se xa 2021 foi un ano “especialmente complexo” na actualidade existe un maior número de “incertezas e problemas” que están a afectar o sector.

“Este ano hai que sumarlle os problemas vividos pola escaseza de semiconductores, a invasión de Ucraína, coa consecuente alza nos carburantes e a recente folga do sector do transporte. Todas estas circunstancias están a provocar unha situación moi complicada para a nosa industria con problemas de abastecemento e fortes subidas dos custos”, lamentou.

REBAIXA DE IMPOSTOS

Pola súa banda, Núñez Feijóo pediu ao Goberno velar pola fortaleza da automoción galega con baixadas de impostos nos hidrocarburos e con medidas para actuar ante o desabastecemento industrial.

O presidente da Xunta insistiu nas novas medidas do Plan de Choque que lanzou o Goberno galego co obxectivo de aliviar as cargas ás familias, como ampliar en 100 euros máis o bono social térmico. Tamén trasladou ao Executivo central un decálogo de propostas “urxentes” co fin de conter unha situación “que non admite nin máis esperas nin máis pretextos”.

ÚLTIMAS

Xulgan en Vigo un home acusado de abusos sexuais continuados a unha menor

A sección quinta da Audiencia Provincial de Pontevedra, con sede en Vigo, acollerá este...

Un ano de prisión por apropiarse de equipos dunha emisora para revender en tendas de segunda man

A Audiencia Provincial de Pontevedra, con sede en Vigo, celebra este mércores 28 de...

O xulgado solicita á Policía Local información e documentos sobre o ‘Saltamontes’ no que morreu un mozo en 2024

O xulgado de instrución 3 de Vigo, que investiga o accidente sucedido en agosto do...

Alento celebra o seu 25 aniversario elaborando “a tortilla máis grande da historia de Vigo”

A Asociación de Dano Cerebral Alento celebrará este sábado, 25 de maio, o seu 25 aniversario cunha festa...