InicioEconomíaCC.OO. e CIG presentan no xulgado argumentos para apoiar a venda do...

CC.OO. e CIG presentan no xulgado argumentos para apoiar a venda do estaleiro Barreras a Gondán

CC.OO. e CIG expresaron ao xulgado a súa preferencia pola oferta de Gondán, que non só absorbería o persoal senón que expón investimentos maiores, con destinos concretos, e pode acreditar carga de traballo de forma inmediata.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Os sindicatos CC.OO. e CIG presentaron ante o xulgado do Mercantil 3 de Pontevedra, con sede en Vigo, o seu escrito de alegacións no proceso de venda do estaleiro Hijos de J. Barreras, que está en concurso de acredores e pleno trámite de alleamento da súa unidade produtiva, e trasladaron os seus argumentos en favor dunha venda a Gondán ( e o rexeitamento ás outras dúas ofertas, a de Marina Meridional e a de Armón).

Segundo o escrito das centrais, a oferta de Mariña Meridional non debe terse en consideración entre outras cuestións porque a firma “carece de historia no sector naval para facer un proxecto industrial potencialmente interesanta, relevante ou de peso”.

Con respecto a Armón, os sindicatos censuran, sobre todo, que o seu proxecto non inclúa á totalidade do persoal, e advirten do risco dunha fusión entre Barreiras e Armón: xuntas sumarían máis do 50 % de capacidade de oferta de traballo para a industria auxiliar, o que podería xerar tensións e poderíase “distorsionar” a actividade comercial no conxunto do mercado nacional.

CC.OO. e CIG expresaron ao xulgado a súa preferencia pola oferta de Gondán, que non só absorbería o persoal senón que expón investimentos maiores, con destinos concretos, e pode acreditar carga de traballo de forma inmediata. Estes factores son relevantes para os sindicatos porque, apuntaron, o estaleiro vigués podería beneficiarse das axudas e medidas contempladas no PERTE do sector naval anunciado polo Goberno de España.

ÚLTIMAS

Vigo apaga os 12 millóns de LED do seu Nadal máis internacional cunha mensaxe de paz

A cidade de Vigo puxo fin este domingo, 11 de xaneiro, ao seu Nadal...

A Audiencia de Vigo xulga unha administrativa por subtraer 100.000 euros dunha empresa de formigóns

A sección quinta da Audiencia Provincial de Pontevedra, con sede en Vigo, acolle este...

A Audiencia de Vigo xulga dúas estafas por falsos alugueiros e reformas domésticas

A sección quinta da Audiencia Provincial de Pontevedra, con sede en Vigo, acolle esta...

Piden penas de ata 6 anos de cárcere por unha apropiación indebida de 136.000 euros nunha empresa do Porriño

A sección cuarta da Audiencia Provincial de Pontevedra acollerá este martes o xuízo contra...