InicioCulturaPatrimonio autoriza continuar as obras do túnel de Porta do Sol de...

Patrimonio autoriza continuar as obras do túnel de Porta do Sol de Vigo

Os restos atopados nun control arqueolóxico, tal como recolle Patrimonio Cultural, carecen de "valor distintivo".

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Dirección Xeral de Patrimonio Cultural autorizou a continuidade das obras do túnel de Porta do Sol de Vigo no tramo medio da rúa Elduayen, despois de que os técnicos do departamento autonómico así o acordasen tras analizar o informe valorativo dos restos atopados no ámbito desa intervención municipal e constatar que non revisten de “singularidade especial”.

Nun comunicado, a Xunta explicou que os técnicos concluíron no seu informe autorizar a continuidade da fase actual das obras deixando enterrados os restos. Con todo, antes de iniciar a construción da cuberta deberase desmantelar, baixo supervisión arqueolóxica, a cabeceira dos muros afectados e haberá que rexistrar o muro que se localiza debaixo da armazón de canalizacións.

Así mesmo, o Concello de Vigo deberá seguir escavando no tramo de obra pendente cara a rúa Paseo Alfonso XII co fin de rexistrar adecuadamente a continuación dos restos e calquera outra estrutura da mesma natureza que se poida atopar.

Todo iso despois de que, no transcurso do control arqueolóxico que foi autorizado en 2019, se localizasen no tramo medio da rúa Elduayen unha serie de estruturas, inicialmente de cronoloxía contemporánea, que foron escavadas e rexistradas, así como o paso subterráneo coñecido como ‘O Pasadizo’, situado en Policarpo Sanz.

Trátase duns restos que, tal como recolle Patrimonio Cultural, carecen de “valor distintivo” e confirma a precisión cartográfica detallada por Manuel Fernández Adoitar en 1879.

ÚLTIMAS

Falece un home de 56 anos ao caerlle encima unha árbore nunha leira de Soutomaior

Un home de 56 anos e veciño de Redondela faleceu na mañá deste sábado...

GKN Vigo e o comité pactan retirar o ERE a cambio de ampliar a flexibilidade da xornada

GKN Driveline Vigo e o comité de empresa alcanzaron un preacordo para a retirada...

O BNG esixe retirar o Plan de Igualdade de Vigo por falta de consenso e un atraso de 14 anos

O grupo municipal do BNG en Vigo pediu a retirada da proposta do V...

Uruguai rescinde o contrato con Cardama por “incumprimentos graves” e anuncia accións xudiciais

O presidente de Uruguai, Yamandú Orsi, anunciou que o seu Goberno rescindiu o contrato...