InicioSociedadeO BNG denuncia que a Xunta é "cómplice" da precariedade laboral de...

O BNG denuncia que a Xunta é “cómplice” da precariedade laboral de Povisa

O comité de empresa subliña a "necesidade urxente" de que se negocie un novo convenio que mellore as súas condicións.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O BNG denunciou este venres que a Xunta é “cómplice e consentidora” da precariedade laboral do persoal do hospital Povisa (do grupo Ribera), e instou o goberno galego a “fiscalizar” o concerto co centro sanitario e o uso do diñeiro público que se lle transfire. Así o manifestou a deputada e portavoz de Sanidade do BNG no Parlamento galego, Montse Prado, que este venres, xunto coa deputada Alexandra Fernández e o concelleiro Xabier Pérez Igrexas, mantivo unha reunión co comité de persoal do hospital.

Prado trasladou o apoio da formación nacionalista ao comité, que iniciou mobilizacións para reclamar a negociación dun convenio digno, con aumento de salarios (conxelados desde hai máis de 10 anos) e estabilidade nas xornadas e quendas de traballo.

A deputada do BNG lembrou que Povisa recibe máis de 90 millóns ao ano de diñeiro público para atender unha poboación dunhas 140.000 persoas de Vigo e outros municipios da comarca, polo que o goberno galego “non pode desentenderse” das condicións laborais do persoal. “A empresa só busca o lucro (…). pero a Xunta non pode seguir sendo cómplice e consentidora, ten que fiscalizar, mediar no conflito”, incidiu.

A presidenta do comité, Chus Neira (CIG), subliñou a “necesidade urxente” de que se negocie un novo convenio que mellore as súas condicións. “É unha pena que, un mes despois de romperse a negociación, a empresa non presentou unha oferta que mellore o anterior”, explicou e advertiu de que “se isto segue así, valorarase a convocatoria dunha folga”.

Finalmente, o concelleiro do BNG en Vigo, Xabier Pérez Igrexas, lamentou o “enroque” da actual propietaria do hospital, e insistiu en que o modelo de concerto singular do que se beneficia Povisa é unha ” grave anomalía” que o Sergas debe emendar.

ÚLTIMAS

OPINIÓN.- O Porto de Vigo: Motor do Crecemento e Desenvolvemento da Cidade

O porto de Vigo foi, sen dúbida, o principal responsable do crecemento e desenvolvemento...

O primeiro premio da Lotaría Nacional, dotado con 600.000 euros, cae no Porriño

O primeiro premio do sorteo da Lotaría Nacional celebrado este sábado, 19 de abril,...

Piden sete anos de cárcere para un home acusado de vender droga no bar que rexentaba en Vigo

Piden sete anos de cárcere para un home acusado de vender droga no bar...

Desmantelan en Mos unha festa rave

A Garda Civil de Pontevedra, a través do Grupo de Información da súa comandancia, informou sobre...