InicioMedio Ambiente e PatrimonioMedio Ambiente destina máis de 140.000 euros a entidades que promoven accións...

Medio Ambiente destina máis de 140.000 euros a entidades que promoven accións de conservación das Illas Atlánticas

PUBLICADO O

- Advertisement -

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publicou este xoves a resolución da Dirección Xeral de Patrimonio Natural, da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, na que se recollen as entidades beneficiarias das subvencións concedidas con cargo aos orzamentos xerais do Estado na área de influencia socioeconómica do Parque Nacional Marítimo-Terrestre das Illas Atlánticas de Galicia convocadas para 2021, destinando máis de 140.000 euros.

Esta orde ten como obxectivo promover o desenvolvemento sustentable das poboacións asociadas ás illas mediante a concesión de axudas económicas para a realización de actividades nas súas áreas de influencia socioeconómica.

Así, entre os beneficiarios atópanse o Concello de Vigo, de Bueu, de Vilagarcía de Arousa e de Ribeira, todos eles cunha axuda de 12.000 euros menos este último, que recibirá 11.247,43 euros.

En concreto, Vigo percibirá 12.000 euros para mellorar a caseta municipal de asistencia sanitaria na praia de Rodas das Illas Cíes. Bueu destinará a axuda para a Freguifesta Ons; mentres que Ribeira gastará a súa subvención na mellora do abastecemento de auga potable en Bretal-Olveira, e Vilagarcía tamén destinará os 12.000 euros ao abastecemento.

Pola súa banda, outras entidades empresariais recibirán entre 1.400 e 6.000 euros para a realización de accións relacionadas co Parque Nacional Marítimo-Terrestre das Illas Atlánticas de Galicia. En total, ata 48.527,72 euros para proxectos como actuacións de control sobre a flora exótica invasora, a mellora da accesibilidade ou a limpeza dos fondos na Illa de Sálvora.

ÚLTIMAS

Un falecido e tres feridos nun choque frontal en Redondela: un dos ocupantes quedou atrapado no vehículo

Unha persoa faleceu e outras tres resultaron feridas nunha colisión entre dous vehículos este...

Centos de médicos reclaman en Vigo un estatuto propio: “Non queremos atendervos mal nin con pouco tempo”

Centenares de médicos saíron á rúa este xoves en Vigo para pedir un estatuto...

Ultimato de Caballero á Deputación para a firma do convenio para a piscina de Teis: “Xa non fago paripés”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, expuxo este xoves un ultimato á Deputación de...

‘Gargallada Científica’, científicos da UVigo con alma de divulgadores e corazón de contacontos

Empregar o humor sen renunciar ao rigor, e facelo en galego. Esta é a...