InicioEconomíaFormoso erixe Vigo e o seu alcalde como "modelo" ao que "aspirar"...

Formoso erixe Vigo e o seu alcalde como “modelo” ao que “aspirar” no PSdeG

O secretario xeral do PSdeG mantivo un encontro con Abel Caballero para abordar cuestións vinculadas ao naval e a automoción.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O secretario xeral do PSdeG, Valentín González Formoso, expresou este mércores o seu recoñecemento ao “modelo” político de Abel Caballero á fronte do goberno local de Vigo, un modelo ao que “aspira” o PSdeG “en Galicia”. Así o trasladou o líder dos socialistas galegos nunha rolda de prensa tras manter un encontro institucional co rexedor olívico en Vigo. “Queremos representar a maioría dos galegos, e unha boa referencia chámase Vigo e chámase Abel Caballero”, proclamou.

González Formoso eloxiou a figura de Caballero como alcalde e tamén como presidente da Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP), especialmente o seu papel durante a pandemia, pola súa “defensa dos intereses dos veciños” e por conseguir ” decenas de millóns de euros dos remanentes que estaban bloqueados” para os concellos.

Á marxe destas consideracións, o secretario xeral do PSdeG explicou que, no encontro co alcalde de Vigo, abordaron cuestións vinculadas ao desenvolvemento económico da cidade e de dous sectores estratéxicos: a automoción e o naval. Respecto diso, trasladou o seu “compromiso” de apoiar a presenza de Vigo e da planta de Stellantis no PERTE da automoción, e lembrou que se trata dun “dos principais tractores da economía”.

En canto ao naval, referiuse á crise do estaleiro Barreras e ás “ofertas esperanzadoras” para facerse coa unidade produtiva da empresa. González Formoso expresou o seu desexo de que a opción elixida teña en conta o investimento, aposte pola viabilidade do estaleiro e “pola continuidade do persoal”. Así mesmo, afirmou que o Goberno debe apoiar un PERTE do naval para acompañar estas necesidades.

Finalmente, referiuse aos fondos de recuperación da UE, nos que están “depositadas as esperanzas” para a reactivación económica.

ÚLTIMAS

Competencia detecta indicios de prácticas irregulares no contrato de 470 millóns do bus urbano de Vigo

A contratación pública constitúe un dos principais mecanismos polos que as administracións deciden como...

Un camión en chamas na AP-9 provoca retencións quilométricas á entrada de Vigo

Un camión incendiouse este luns na autoestrada AP-9, á entrada de Vigo, provocando retencións...

“Máis recursos e menos discursos”, resposta Feminista chama a mobilizarse o 25N en Vigo

O colectivo Resposta Feminista presentou este luns en Vigo a manifestación que convocan con...

Investigado un octoxenario por unha agresión sexual a unha muller nun local de hostalaría en Mos

A Garda Civil, a través do Posto Principal de O Porriño e do Equipo...