InicioEconomíaStellantis Vigo parará toda a súa produción a partir do luns por...

Stellantis Vigo parará toda a súa produción a partir do luns por falta de microchips

A crise dos microchips, que afecta a todo o sector automobilístico, obrigou a fábrica a deter a súa produción en reiteradas ocasións nos últimos meses.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A factoría viguesa do grupo automobilístico Stellantis volverá parar a totalidade das súas liñas de produción a partir do próximo luns, día 7 de marzo, debido á falta de determinadas subministracións, en concreto dos microchips necesarios para os seus vehículos.

Así, tal como informou a empresa, o Sistema 1 da fábrica de Vigo, onde se ensamblan os Peugeot 301 e 2008 e o Citroën C-Elysée, parará as súas quendas de mañá, tarde e noite desde o luns 7 de marzo. A previsión é volver ao traballo a partir do luns 14 ás 06,00 horas. Pola súa banda, ao longo da semana informarase de se a quenda do fin de semana traballa ou non.

En canto ao Sistema 2 da factoría, que monta as furgonetas das diferentes marcas do grupo, anula a actividade de todas as súas quendas desde o luns ata o vindeiro luns, 14 de marzo.

Stellantis explicou que continúa sufrindo a falta de aprovisionamento de determinados compoñentes. A crise dos microchips, que afecta a todo o sector automobilístico, obrigou á fábrica a deter a súa produción en reiteradas ocasións nos últimos meses.

Ademais, esta semana foron moitos os rumores que prevían este novo parón de Stellantis Vigo. Este mesmo xoves, a compañía asegurou aos sindicatos que había unha alta posibilidade de que houbese unha diminución da produción a semana que vén, pero ata este venres non confirmaron a maneira na que afectará.

ÚLTIMAS

Volven prender lume en Chandebrito oito anos despois da traxedia na que morreron dúas persoas

Un lume forestal que comezou onte á noite en Chandebrito (Nigrán) queimou 0,73 hectáreas...

Caballero, contra as peaxes na A-52 e A-55: “As construtoras que se dediquen a contruír”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, arremeteu este venres contra a proposta da patronal...

Abel Caballero tacha de “bobada” a proposta do PP para o centro de asociacións

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, negou este venres que poña problemas á Xunta...

A praia a Calzoa, a difícil convivencia entre liberdade canina e respecto pola natureza

Celebridades como o exfutbolista Vlado Gudelj e o músico Abraham Cupeiro participan na campaña...