InicioSucesosTres detidos e varios investigados por vender boletos de lotaría falsos dunha...

Tres detidos e varios investigados por vender boletos de lotaría falsos dunha suposta asociación de discapacitados

As detencións producíronse en Vigo e Moaña.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Garda Civil detivo tres persoas no marco dun operativo no que se investiga a varias persoas pola suposta venda de boletos falsos de lotaría dunha suposta entidade de discapacitados.

Fontes consultadas informaron da detención de tres persoas, en Vigo e en Moaña, e da investigación doutros implicados, nunha rede que ten tamén ramificacións en Estremadura, País Vasco e Andalucía.

As actuacións son coordinadas desde o xulgado de instrución número 6 de Vigo e fontes xudiciais confirmaron que se investiga dúas mulleres en relación con estes feitos, como presuntas autoras dun delito de estafa e un contra a Facenda Pública.

Así mesmo, practicáronse rexistros en dúas vivendas situadas en Vigo e noutra vivenda no partido xudicial de Cangas; e rexistrouse tamén unha imprenta na localidade de Moaña, na que supostamente se confeccionaban estes boletos.

Segundo as mesmas fontes, as mulleres investigadas dedicábanse a elaborar e vender eses boletos, coma se fosen dunha asociación de discapacitados que, en realidade, non existe. Así mesmo, facían crer ás vítimas da estafa que o sorteo polo que se rexían os billetes era o sorteo diario do cupón do ONCE.

ÚLTIMAS

Hosteleiro libanés de Vigo expulsa un grupo de turistas israelís por mal comportamento no seu restaurante

Un hosteleiro libanés que rexenta un restaurante en Vigo expulsou a un grupo de...

Vigo anuncia que inicia os trámites para unha ordenanza sobre vivendas de uso turístico

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou que o Concello iniciou a tramitación dunha...

OPINIÓN.- Unha cidade para quen a fixo grande

O Partido Popular de Vigo vén de propoñer que a antiga estación de autobuses...

Stellantis fai a última porposta para pagar a prima variable cun novo marco regulador

A dirección de Stellantis Vigo trasladou este xoves a sindicatos a súa última proposta...