InicioEconomíaOs traballadores da conserva rexeitan o novo convenio colectivo, segundo CC.OO.

Os traballadores da conserva rexeitan o novo convenio colectivo, segundo CC.OO.

O sindicato carga contra o texto acordado pola CIG e UGT.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Comisións Obreiras denunciou o “rexeitamento masivo” que os traballadores da conserva están a mostrar ao novo convenio colectivo acordado entre UGT e CIG coa patronal. Nun comunicado, a sección de Industria de CC.OO. informou das votacións realizadas nos últimos días nas principais empresas do sector durante as asembleas organizadas polo propio sindicato.

Así, constatan un “rexeitamento masivo” por parte dos traballadores que participaron nas votacións, abertas a todos os empregados que quixesen, non só a persoas afiliadas a CC.OO. “Na comarca do Barbanza exerceron o dereito a voto case 800 persoas, a cuarta parte do total, cun resultado de máis do 99% contra o acordo. En grandes empresas situadas noutras comarcas, o resultado foi similar”, reivindicou a organización sindical.

CC.OO., que seguirá realizando votacións noutros centros de traballo, reafírmase nas súas “liñas vermellas” para defender a equiparación salarial entre mulleres e homes, “que non se vai a poder lograr xamais co texto pactado por UGT e CIG”, e o rexeitamento á cuarta quenda, “un instrumento introducido pola patronal no preacordo do convenio para empeorar as condicións laborais”.

Please wait while you are redirected...or Click Here if you do not want to wait.

ÚLTIMAS

A praia a Calzoa, a difícil convivencia entre liberdade canina e respecto pola natureza

Celebridades como o exfutbolista Vlado Gudelj e o músico Abraham Cupeiro participan na campaña...

Un accidente na Ponte de Rande provoca retencións na AP-9

Un accidente na ponte de Rande provoca retencións na autoestrada AP-9 en dirección Pontevedra,...

Prohibida a pesca do choco nas rías de Vigo e Pontevedra durante máis de tres meses

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica este xoves as resolucións da Consellería do...

PP e BNG de Vigo acusan que se impediu aos feirantes acdeder ao Concello e o goberno local négao

Os grupos municipais do PP e o BNG criticaron este xoves que se impediu...