InicioSociedadeConsellos e talleres de primeiros auxilios para non repetir os 542 mortos...

Consellos e talleres de primeiros auxilios para non repetir os 542 mortos por afogamento de 2017

PUBLICADO O

- Advertisement -

Bañarse acompañado, mollarse antes de entrar, respectar as indicacións dos socorristas, ou evitar a exposición prolongada ao sol e as comidas abundantes antes do baño son algunhas das recomendacións que pequenos e maiores están a aprender este verán, grazas aos talleres de prevención e primeiros auxilios que esta semana imparten expertos da Fundación MAPFRE e Bandeira Azul en Pontevedra.

A Praia da Ribeira, en Baiona; a Praia de Samil, en Vigo; a Praia de Nerga, en Cangas; a Praia de Baltar, en Sanxenxo; e proximanente a Praia de Portocelo, en Marín (11 de agosto) son o escenario da campaña de prevención de afogamentos 2018, que ambas entidades, en colaboración cos Concellos destes municipios, puxeron en marcha co obxectivo de trasladar á sociedade as principais medidas de prevención para evitar accidentes na contorna acuática, así como ensinar as pautas necesarias para saber actuar ante unha situación de urxencia (RCP e utilización dun desfibrilador).

Baño/ Photopin

Os técnicos especializados en socorrismo insisten en que os adultos tomen conciencia da importancia de vixiar adecuadamente aos menores de 14 anos, franxa de idade na que se produce o 4 por cento das vítimas mortais totais.

Tamén recordan a importancia de que os adultos estean a unha distancia máxima dun brazo dos máis pequenos, e daranse a coñecer os principios básicos da cadea de supervivencia neste tipo de accidentes: previr un afogamento dentro e fóra do auga, recoñecer unha urxencia co fin de pedir axuda, proporcionar un elemento de flotación para evitar a inmersión, sacar a persoa afectada do auga só si se coñece como facelo, e proporcionar asistencia sanitaria se fora necesario.

Máis de 500 falecidos só en 2017

Entrar na auga sen ter en conta as indicacións do socorrista, non respectar a sinalización, sobreestimar a capacidade como nadador ou descoñecer o medio no que nos darnos un baño, son algunhas das causas máis frecuentes á hora de sufrir un afogamento, situación que en España acabou coa vida de 542 persoas en 2017, un 25% máis con respecto ao ano anterior, segundo unha estimación da Asociación Española de Técnicos de Salvamento e Socorrismo, que destaca que os afogamentos afectan principalmente ás persoas maiores de 60 anos (case o 50 por cento).

Entre 2016 e 2017, os equipos de socorrismo realizaron máis de 201.000 intervencións de primeiros auxilios nas 579 praias con Bandeira Azul, nas que se produciron 147 RCP que permitiron salvar a vida a 86 persoas en 2017, o que implica unha porcentaxe de éxito en RCP próximo ao 60%.

Así o indica o último informe realizado por Fundación MAPFRE e Bandeira Azul sobre afogamentos en España, que fai fincapé nos máis de 13.700 rescates realizados entre 2016 e 2017, dos cales 3.000 foron de carácter arriscado, é dicir, no caso de que non interviñesen os servizos de socorrismo, a persoa que sufriu o afogamento falecería con case total seguridade.

ÚLTIMAS

A Garda Civil recolle pistas sobre o atropelo mortal na AP-9 en Teis

A Garda Civil continúa investigando o atropelo mortal a un home de 33 anos ocorrido na...

OPINIÓN.- A vivenda como dereito nun modelo de cultura económica neoliberal

Cando falamos de vivenda habitual, estamos facendo referencia a un dereito fundamental recollido na...

Investigan o atropelo mortal a un home de 33 anos na AP-9 en Vigo

A Garda Civil investiga o atropelo mortal a un home de 33 anos, veciño...

Vigo aproba o seu orzamento para 2025 cos votos a favor do PSOE e o ‘non’ de BNG e PP

O pleno do Concello de Vigo aprobou este luns o orzamento municipal para 2025, que...