InicioSociedadeEstancamento de casos covid na área de Vigo

Estancamento de casos covid na área de Vigo

O número de casos diarios a nivel galego non baixa dos 1.600.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A tendencia descendente dos casos activos de Covid-19 en Galicia retardouse, ao situarse en 22.395, que implican 82 menos que o día anterior, mentres que os novos contaxios permanecen por encima dos 1.600, con seis máis que a xornada pasada. Pola súa banda, os pacientes hospitalizados por este coronavirus baixan a 486 –supoñen 23 menos– e a taxa de positividade repunta a un 14 por cento.

Segundo os datos actualizados este venres pola Consellería de Sanidade, con rexistros ata as 18,00 horas do xoves, recollidos por Europa Press, mantéñense 25 pacientes ingresados por UCI debido á Covid-19 en Galicia –sen cambios– e descenden a 461 os hospitalizados en unidades convencionais –23 menos– e 21.909 persoas atópanse en seguimento domiciliario. Hai unha semana había 584 hospitalizados.

Por áreas sanitarias, na área de vigo continúan dous pacientes ingresados pola Covid en UCI e descenden a 58 os doutras unidades –dous menos–.

CASOS ACTIVOS

Os casos activos, aínda que seguen en descenso, experimentan unha retardación na baixada e sitúanse en 22.395. De novo, esta redución non é xeneralizada nas sete áreas sanitarias galegas. Na de Vigo hai unha baixada só de 17 casos e queda con 4.510.

ÚLTIMAS

Vigo acollerá o Congreso Internacional de Enxeñaría Naval en 2027

A 66ª edición do Congreso Internacional de Enxeñaría Naval celebrarase en Vigo en 2027,...

Deteñen un mozo de 22 anos con catro ordes de procura

A Policía Local de Vigo detivo este pasado xoves a un mozo, de 22...

O BNG chama a manifestarse o 30 de maio en Vigo ante a presenza dos reis polo desfile das forzas armadas

O BNG presentou este venres na súa sede comarcal de Ferrol a campaña 'Na...

A EFCA incrementa preto dun 5% as súas inspeccións en 2025, con 5.000 infraccións

A Axencia Europea de Control da Pesca (EFCA, polas súas siglas en inglés), con...