InicioVigo e contornaVigoRexeitan o recurso da Federación Veciñal de Vigo contra a prórroga da...

Rexeitan o recurso da Federación Veciñal de Vigo contra a prórroga da concesión de Vitrasa

Segundo sinala a resolución, a lexitimación da Federación "non resulta suficientemente fundada na defensa xenérica do principio de libre competencia e no cumprimento da legalidade como interese xeral a preservar".

PUBLICADO O

- Advertisement -

O xulgado do Contencioso Administrativo 1 de Vigo resolveu inadmitir o recurso presentado pola Federación de Asociacións Veciñais contra o acordo de Xunta de Goberno Local que prorrogou a concesión da empresa Vitrasa, do servizo de bus urbano, alegando que a entidade veciñal non ten lexitimidade activa para recorrer.

Segundo sinala a resolución, a lexitimación da Federación “non resulta suficientemente fundada na defensa xenérica do principio de libre competencia e no cumprimento da legalidade como interese xeral a preservar”.

Así, apunta que a recorrente non acredita que esa prórroga afecte directa ou indirectamente aos intereses asociativos que defende, e sinala que o acordo mantén as condicións da concesión conforme aos pregos dos anos 90.

Precisamente, con respecto ao fondo do asunto, a xuíza lembrou que as bases do contrato establecían a posibilidade de prórrogas da concesión por períodos de 5 anos, ata o límite de 35 anos; que se prorrogará automaticamente salvo denuncia expresa dalgunha das partes; e tamén a posibilidade de que o Concello, chegado o vencemento, dispoña a prolongación obrigatoria segundo a lexislación vixente.

O Concello negou nos seus argumentos ante a xuíza que o contrato con Vitrasa estea vencido, e sostén que se acudiu a unha prórroga “normal”, neste caso para garantir a prestación do servizo público. A xuíz deu a razón á administración, ao considerar que o contrato foi denunciado en 2018 para evitar prórrogas prohibidas, pero que o seu alongamento entra dentro dos prazos previstos no prego.

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, expresou a súa satisfacción ante esta resolución xudicial que, na súa opinión, “considera que a prórroga forza estaba xustificada pola pandemia”. “De novo a FAVEC foi desautorizada extraordinariamente por un xulgado”, recalcou.

ÚLTIMAS

O lume de Camos, entre as queimas autorizadas e o conflito dos bombeiros forestais

O incendio forestal declarado o xoves na parroquia de Camos, en Nigrán, comezou cunha...

Abel Caballero inaugura a conta atrás ata o 25 de decembro: “O Nadal de todo o planeta é a de Vigo”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, inaugurou este sábado un reloxo dixital cunha conta...

“Menos luces e máis vivendas”: máis de 200 persoas saen á rúa en Vigo contra os prezos da vivenda

Máis de 200 persoas saíron este venres ás rúas de Vigo para reclamar o...

“Estamos desesperados”, veciños de Privada Moderna esixen á Sareb que “cumpra a sentenza” e arranxe os seus pisos

Veciños da rúa Privada Moderna de Vigo esixíronlle á Sociedade de Xestión de Activos...