InicioEconomíaAdxudicada a explotación das estacións de autobuses de Cambados, Cangas, Ponteareas e...

Adxudicada a explotación das estacións de autobuses de Cambados, Cangas, Ponteareas e Vigo por 2,4 millóns

Tal como informou o Goberno galego, o contrato para a explotación deste servizo foi adxudicado á Unión Temporal de Empresas Mantementos e Servizos de Galicia e a Transportes A Unión.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade da Xunta de Galicia adxudicou a explotación das estacións de autobuses das localidades pontevedresas de Cambados, Cangas, Ponteareas e Vigo para o próximos cinco anos, por un valor estimado de máis de 2,4 millóns de euros.

Tal como informou o Goberno galego, o contrato para a explotación deste servizo foi adxudicado á Unión Temporal de Empresas Mantementos e Servizos de Galicia e a Transportes A Unión.

O prazo do contrato da explotación deste catro estaciones é de cinco anos, aínda que no caso da estación intermodal de Vigo, actualmente en execución, o comezo desta concesión quedará condicionado á recepción das instalacións e da súa posta en servizo.

“Estas estacións de autobuses foron construídas pola Xunta e concentran a circulación de vehículos que realizan rutas de transporte interrurbano na provincia de Pontevedra, principalmente na comarca da cidade de Vigo”, explicou o Executivo autonómico.

A adxudicataria ocuparase dos servizos prestados nas devanditas infraestruturas. Na actualidade, as terminais rexistran máis de tres millóns de viaxeiros ao ano.

ÚLTIMAS

A Audiencia de Vigo xulga unha administrativa por subtraer 100.000 euros dunha empresa de formigóns

A sección quinta da Audiencia Provincial de Pontevedra, con sede en Vigo, acolle este...

A Audiencia de Vigo xulga dúas estafas por falsos alugueiros e reformas domésticas

A sección quinta da Audiencia Provincial de Pontevedra, con sede en Vigo, acolle esta...

Piden penas de ata 6 anos de cárcere por unha apropiación indebida de 136.000 euros nunha empresa do Porriño

A sección cuarta da Audiencia Provincial de Pontevedra acollerá este martes o xuízo contra...

O BNG de Vigo propón un plan de 9,5 millóns de euros para frear os desafiuzamentos na cidade

O BNG de Vigo reclamou ao Concello a posta en marcha dun plan municipal...