InicioCulturaUn grupo de investigadores da UVigo lideran un estudo que identifica dúas...

Un grupo de investigadores da UVigo lideran un estudo que identifica dúas familias de libélulas do Xurásico

Tal como publicou este luns o Diario Oficial da Universidade de Vigo (Duvi), un grupo de investigadores españois, franceses e alemáns, liderados pola UVigo, identificou a presenza destes insectos na localidade das Loras, situada entre as provincias de Palencia e Burgos, grazas ao seu ecosistema con humidade permanente.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Investigadores da Universidade de Vigo (UVigo) lideran un estudo que identificou por primeira vez na Península Ibérica a presenza de dúas familias de libélulas do Xurásico-Cretácico.

Tal como publicou este luns o Diario Oficial da Universidade de Vigo (Duvi), un grupo de investigadores españois, franceses e alemáns, liderados pola UVigo, identificou a presenza destes insectos na localidade das Loras, situada entre as provincias de Palencia e Burgos, grazas ao seu ecosistema con humidade permanente.

“Atopar a presenza de libélulas das familias Cymatophlebiidae e Aktassiidae en afloramientos de travertinos (rocas sedimentarias) do Geoparque das Loras foi unha sorpresa moi grande e inesperada”, subliñou o investigador do departamento de Xeociencias mariñas e ordenación do territorio da UVigo Artai Santos.

A localización de tres ás de libélulas de dúas familias ata agora descoñecidas na Península Ibérica non foi o único descubrimento, xa que tamén se observou unha flora dominada por Bennettitales e a presenza de helechos que se diferenzas doutras floras da mesma idade e zona xeográfica.

ÚLTIMAS

Caballero acusa a Rueda e o PPdeG de deixar a Vigo sen Facultade de Medicina: “É unha pésima noticia”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, cualificou este venres como unha "noticia pésima"...

A Xunta e o Porto de Vigo dan por finalizada a limpeza da vertedura de aceite de palma na ría

Tras unha semana de traballos de retirada e contención, a Xunta e o Porto...

O alto tribunal galego mantén a condena a un home por abusar dunha muller mentres durmía

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia desestimou o recurso de apelación dun home condenado...

Localizan tres polisóns, dous menores, ocultos nun camión que ía embarcar cara ao Reino Unido

Axentes da Policía Nacional, da Garda Civil e da Policía Portuaria de Vigo localizaron...