InicioSucesosUn home de 29 anos detido por agredir a outro, que necesitou...

Un home de 29 anos detido por agredir a outro, que necesitou puntos de sutura no rostro

Aínda así, negou os feitos, manifestando que non fixera nada, "aínda que presentaba sangue e marcas nas mans e unha erosión na fronte".

PUBLICADO O

- Advertisement -

Un mozo, A.C.B. de Vigo e 29 anos de idade, foi detido na cidade olívica por agredir a outro home, S.A.F.P. de Vigo e 34 anos de idade, o cal necesitou oito puntos de sutura no rostro.

Tal como relatou a Policía Local nun comunicado, os feitos ocorreron na madrugada do pasado sábado, sobre as 03,10 horas, cando un particular abordou a unha patrulla para indicarlle que se estaba producindo unha pelexa no interior dun local na zona de Areal.

Unha vez no lugar, observaron a un mozo que saía do citado pub, con feridas sanguentas na cara e co xersei cheo de sangue, quedando baixo a custodia dun dos axentes.

Ante a información dos porteiros do establecemento, que aseguraron que o agresor continuaba dentro do mesmo, os actuantes abordaron ao home, que manifestou non estar en posición de ningún documento de identidade, aínda que facilitou de maneira verbal os seus datos.

Aínda así, negou os feitos, manifestando que non fixera nada, “aínda que presentaba sangue e marcas nas mans e unha erosión na fronte”. O agredido tamén negou ser atacado nun principio.

Este último tivo que ser trasladado ao Hospital Povisa, onde tiveron que darlle oito puntos de sutura. Pola súa banda, debido aos testemuños dos alí presentes, “que recoñeceron sen ningún xénero de dúbidas ao agresor”, o home foi detido pola suposta comisión dun delito de lesións.

ÚLTIMAS

Atopan nas proximidades da ponte de Rande o corpo do home desaparecido en Redondela (Pontevedra)

Un equipo do Grupo Especial de Actividades Subacuáticas (GEAS) da Garda Civil e un...

Vigo demolerá o antigo restaurante Di San Remo de Samil antes do próximo verán

A Xunta de Goberno Local de Vigo aprobará este venres a demolición do antigo...

Conxemar expulsa a unha empresa italiana por usar a imaxe de mulleres espidas para promocionar ameixas

A organización considera a promoción da compañía italiana de ameixas do adriatico incompatible cos...

Vigo aposta por voos directos a Londres, París, Sevilla e Alicante para atraer máis turismo

O Concello de Vigo iniciou o contrato de promoción turística da cidade a través...