InicioSucesosPiden máis de 8 anos de cárcere por atracar dous establecementos e...

Piden máis de 8 anos de cárcere por atracar dous establecementos e levar 40 euros

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Fiscalía pide penas que suman 8 anos e un mes de cárcere para un acusado de dous atracos, un deles en grao de tentativa, cometidos a punta de coitelo en senllos establecementos de Vigo, e que será xulgado este martes na sala do Penal 3 da cidade.

Segundo o escrito de acusación pública, o 24 de setembro de 2021 o acusado, que ten antecedentes por roubos, entrou nunha tenda de produtos ecolóxicos e ameazou cun coitelo á responsable do establecemento, á que lle esixiu o diñeiro da caixa (uns 40 euros).

Tras marchar do lugar, poucos minutos despois, entrou nunha oficina dunha inmobiliaria e tamén ameazou ao seu responsable para levar o diñeiro, pero non o conseguiu porque a muller pediu auxilio. O acusado saíu fuxindo sen levar nada.

Por estes feitos, a Fiscalía atribúelle dous delitos de roubo con intimidación, un deles en grao de tentativa, e con uso de instrumento perigoso. O ministerio público pide que se aplique a atenuante de drogadicción e a agravante de reincidencia, e reclama penas que suman 8 anos e 1 mes de cárcere, ademais de devolver os 40 euros que levou da tenda.

ATRACO A UNHA FARMACIA

Por outra banda, o xulgado do Penal 2 de Vigo acollerá o mércores un xuízo contra un acusado de atracar unha farmacia da cidade, que é reincidente, e para o que a Fiscalía pide 5 anos de cárcere.

Os feitos ocorreron en abril de 2019, cando o procesado entrou nunha botica da Avenida de Ramón Neto, coa cara cuberta por un pasamontañas e esgrimindo unha arma branca. Tras ameazar ás empregadas levou 400 euros.

ÚLTIMAS

O temporal complica o tráfico aéreo en Vigo: voos desviados, cancelacións e avións que tiveron que regresar a orixe

O temporal que afecta estes días a Galicia tamén obrigou a cancelar e a...

O BNG de Vigo esixe un “cambio radical” no bus urbano ante a perda de 1,3 millóns de viaxeiros

O BNG de Vigo esixiu un "cambio radical" no modelo de transporte urbano da...

Retroceder as praias ou recuar a Administración

O que está a acontecer este inverno na costa da ría de Vigo non...

Un estafador reincidente enfróntase a seis anos de cárcere por falsos alugueres en Vigo

A sección quinta da Audiencia Provincial de Pontevedra, con sede en Vigo, celebrou este...