InicioSociedadeSoben os hospitaizados Covid per baixan os casos na área de Vigo

Soben os hospitaizados Covid per baixan os casos na área de Vigo

A taxa en Galicia triplica a media recomendada pola OMS

PUBLICADO O

- Advertisement -

Os indicadores da pandemia de covid-19 en Galicia continúan en descenso, con 2.172 casos activos menos (30.651 en total); 15 ingresados menos (569 en total) e cos novos contaxios por baixo da barreira dos 2.000 (1.971 nas últimas 24 horas). Con todo, a taxa de positividade increméntase lixeiramente ata o 17,14%.

Segundo os datos actualizados este sábado polo Sergas -solicitados ata as 18,00 horas do venres– e recolleitos por Europa Press, os novos contaxios volven descender nas últimas 24 horas, igual que o fixeron a xornada anterior, tras tres días consecutivos en ascenso. Así, Galicia suma 1.971 contaxios novos, 396 menos que o día anterior.

HOSPITALIZADOS

Este sábado hai 569 hospitalizados por coronavirus, 15 menos que na xornada anterior. Do total, 536 están ingresados en unidades convencionais (16 menos) e 33 permanecen en UCI (un máis). Por áreas sanitarias, a carga asistencial baixa en catro das áreas, non varía noutras dúas e só sobe na de Vigo, que conta con 83 pacientes en planta (sete máis) e seis en críticos (un máis).

BAIXAN OS CASOS ACTIVOS

No que respecta ás infeccións activas, tamén mostran unha baixada, concretamente de 2.172, o que deixa 30.651 casos activos en Galicia. E é que, unha vez máis, notifícanse máis altas (4.136) que contaxios (1.971), ao que se suman sete falecementos.

Os casos activos baixan en todas as áreas, liderando a relación o distrito sanitario de Vigo, con 553 infeccións menos, que queda con 6.432 casos.

ÚLTIMAS

O BNG esixe retirar o Plan de Igualdade de Vigo por falta de consenso e un atraso de 14 anos

O grupo municipal do BNG en Vigo pediu a retirada da proposta do V...

Uruguai rescinde o contrato con Cardama por “incumprimentos graves” e anuncia accións xudiciais

O presidente de Uruguai, Yamandú Orsi, anunciou que o seu Goberno rescindiu o contrato...

Concello e Zona Franca blindan o futuro de Balaídos coa prórroga da bancada de Río ata 2080

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, e o delegado de Zona Franca, David Regades,...

Collen a un neno de 13 anos conducindo o coche da súa nai en pleno centro de Vigo

Axentes da Policía Local interceptaron o pasado mércores pola tarde a un menor de...