InicioVigo e contornaVigoFormoso sae en defensa de Carmela Silva e acusa a Feijóo de...

Formoso sae en defensa de Carmela Silva e acusa a Feijóo de facer “seguidismo” de Ayuso

O líder socialista participa no IV Congreso Provincial e pon o reto de que en 2023 "a socialdemocracia impere nas institucións".

PUBLICADO O

- Advertisement -

O secretario xeral do PSdeG, Valentín González Formoso, acusou ao PPdeG e aos seus dirixentes de “destruír persoalmente” á presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, porque queren “volver atrás” e “pór paus nas rodas ao progreso” en Vigo e en toda a provincia.

Desta maneira defendeu Formoso á que tamén é presidenta do PSdeG, despois de que nas últimas semanas os populares pedisen insistentemente a súa dimisión tras a condena –confirmada polo Tribunal Supremo– a un ex alto funcionario do Concello de Vigo por ‘enchufar’ á súa cuñada nunha contratación municipal.

O secretario xeral socialista, durante a súa intervención na clausura do IV Congreso Provincial do PSdeG-PSOE en Pontevedra, do que sae de novo proclamado líder David Regades, aproveitou para lamentar que o PPdeG teña como “obxectivo político” a Silva, unha persoa que “aposta pola vangarda social”.

“Aqueles que van á misa da unha e 10 minutos despois dan ordes de embarrar o campo político, dan ordes de destruír persoalmente ás persoas porque queren volver atrás en Pontevedra, queren volver atrás en Vigo e queren pór de paus nas rodas ao progreso desta provincia e de Galicia”, censurou.

FEIJÓO, SEN “PERSONALIDADE POLÍTICA”

Neste contexto, tras reivindicar a nova lei de vivenda aprobada polo Goberno central, o secretario xeral do PSdeG criticou a oposición á norma que demostra o Partido Popular a través do seu líder, Pablo Casado, e a presidenta da Comunidade de Madrid, Isabel Díaz Ayuso. Á súa vez, denunciou que o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, se dedique a facerlles “seguidismo” por non ter “personalidade política propia” e anuncie un recurso de inconstitucionalidade ante esta norma.

Así, Formoso ve “incomprensible” que o mandatario galego “poña por diante os intereses de Casado e de Ayuso fronte aos daqueles mozos e mozas en Galicia que teñen francas dificultades para poder manter a súa independencia económica e para poder iniciar o seu proxecto vital de vivenda”.

CHAMAMENTO DE REGADES

Pola súa banda, o secretario provincial, David Regades, dixo asumir o seu segundo mandato á fronte do PSOE de Pontevedra coas ganas de “empoderar” á militancia para consolidar as maiorías e alcanzar novas alcaldías, con mención expresa á do Porriño, recentemente caída en mans do PP.

Centos de persoas asistiron a este congreso no Museo Mar de Vigo, no que tamén estiveron o alcalde, Abel Caballero, e a propia presidenta do PSdeG, Carmela Silva, así como o catro líderes provinciais socialistas en Galicia. Na súa intervención, Regades agradeceu aos 2.700 militantes socialistas da provincia que considera que están “representados” na Executiva provincial tras un congreso de “unidade”.

ÚLTIMAS

Centos de médicos reclaman en Vigo un estatuto propio: “Non queremos atendervos mal nin con pouco tempo”

Centenares de médicos saíron á rúa este xoves en Vigo para pedir un estatuto...

Ultimato de Caballero á Deputación para a firma do convenio para a piscina de Teis: “Xa non fago paripés”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, expuxo este xoves un ultimato á Deputación de...

‘Gargallada Científica’, científicos da UVigo con alma de divulgadores e corazón de contacontos

Empregar o humor sen renunciar ao rigor, e facelo en galego. Esta é a...

Pontón esixe á Xunta mercar Povisa: “Na sanidade privada non ven pacientes, ven clientes”

A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, urxiu unha vez máis a compra do...