InicioSociedadeA Escola Universitaria de Estudos Empresariais de Vigo xa é Facultade

A Escola Universitaria de Estudos Empresariais de Vigo xa é Facultade

No funcionamento normal do centro "non haberá cambios substanciais", indica a directora.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Escola Universitaria de Estudos Empresariais de Vigo transformouse na Facultade de Comercio, tras máis de dez anos nos que a Universidade de Vigo (UVIgo) tratou de conseguir un “merecido” e “necesario” cambio de denominación.

“O cambio de denominación era unha débeda histórica, algo que levabamos pelexando xa desde 2010″, explicou a directora do centro, Consuelo Currás, quen fixo fincapé en que xa hai anos que as escolas universitarias deixaron de existir, polo que este cambio non é só “merecido” senón tamén “necesario” para adaptar a denominación á nova realidade da universidade galega e estatal.

O cambio de escola a facultade xa fora aprobado pola xunta do centro, polo claustro e polo consello de goberno, polo que estaba pendente o visto e prace do Consello Galego de Universidades, que xa chegou. Agora queda pendente a súa aprobación no Consello da Xunta e o seu envío a Madrid para a aprobación definitiva.

“No funcionamento normal da escola/facultade non haberá cambios substanciais, seguiremos facendo o mesmo que vimos facendo desde que estamos aquí, traballar por seguir consolidando todas as titulacións, mellorando se é necesario e posible, e tratando de adaptarnos ás necesidades que a propia sociedade vainos formulando”, recalcou Currás.

ÚLTIMAS

O SIT-FSI volve gañar en Stellantis co 61,12% dos votos

O Sindicato Independente de Traballadores (SIT-FSI) revalidou a súa maioría no comité de empresa...

O home que apuñalou a súa exmuller cunha lanza en Vigo enfróntase a 10 anos de cárcere por tentar matar a un policía

A sección quinta da Audiencia Provincial de Pontevedra, con sede en Vigo, acollerá este...

Nove anos da traxedia de Chandebrito, os eucaliptos volven ser os reis dun monte case abandonado

A vaga de lumes forestais de outubro de 2017 en Galicia quedou marcada pola...

Novas ramplas para a Gran Vía, entre as rúas Xirona e Tarragona, por 9 millóns

A Xunta de Goberno Local de Vigo deu este venres luz verde á licitación...