InicioSociedadeA Escola Universitaria de Estudos Empresariais de Vigo xa é Facultade

A Escola Universitaria de Estudos Empresariais de Vigo xa é Facultade

No funcionamento normal do centro "non haberá cambios substanciais", indica a directora.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Escola Universitaria de Estudos Empresariais de Vigo transformouse na Facultade de Comercio, tras máis de dez anos nos que a Universidade de Vigo (UVIgo) tratou de conseguir un “merecido” e “necesario” cambio de denominación.

O cambio de denominación era unha débeda histórica, algo que levabamos pelexando xa desde 2010″, explicou a directora do centro, Consuelo Currás, quen fixo fincapé en que xa hai anos que as escolas universitarias deixaron de existir, polo que este cambio non é só “merecido” senón tamén “necesario” para adaptar a denominación á nova realidade da universidade galega e estatal.

O cambio de escola a facultade xa fora aprobado pola xunta do centro, polo claustro e polo consello de goberno, polo que estaba pendente o visto e prace do Consello Galego de Universidades, que xa chegou. Agora queda pendente a súa aprobación no Consello da Xunta e o seu envío a Madrid para a aprobación definitiva.

No funcionamento normal da escola/facultade non haberá cambios substanciais, seguiremos facendo o mesmo que vimos facendo desde que estamos aquí, traballar por seguir consolidando todas as titulacións, mellorando se é necesario e posible, e tratando de adaptarnos ás necesidades que a propia sociedade vainos formulando”, recalcou Currás.

ÚLTIMAS

Falece un home de 56 anos ao caerlle encima unha árbore nunha leira de Soutomaior

Un home de 56 anos e veciño de Redondela faleceu na mañá deste sábado...

GKN Vigo e o comité pactan retirar o ERE a cambio de ampliar a flexibilidade da xornada

GKN Driveline Vigo e o comité de empresa alcanzaron un preacordo para a retirada...

O BNG esixe retirar o Plan de Igualdade de Vigo por falta de consenso e un atraso de 14 anos

O grupo municipal do BNG en Vigo pediu a retirada da proposta do V...

Uruguai rescinde o contrato con Cardama por “incumprimentos graves” e anuncia accións xudiciais

O presidente de Uruguai, Yamandú Orsi, anunciou que o seu Goberno rescindiu o contrato...