InicioSociedadeO TSXG insta á Xunta a implantar o servizo de gardas 24...

O TSXG insta á Xunta a implantar o servizo de gardas 24 horas en Vigo

Os xuíces de instrución da Coruña e Vigo denuncian que son os únicos do Estado que carecen deste sistema de quenda rotatorio.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) instou á Xunta a implantar o servizo de gardas 24 horas nos partidos xudiciais da Coruña e Vigo, os únicos das súas características que carecen deste sistema de quenda rotatorio.

As xuntas sectoriais de xuíces de instrución da Coruña e Vigo aprobaron por unanimidade reclamar ao Goberno autonómico, a través do Alto Tribunal galego, a dotación deste servizo, que conta “co apoio unánime de todos os colectivos implicados na Administración de Xustiza”.

Nun comunicado, o TSXG traslada a demanda dos xuíces de instrución, que inciden en que existe unha partida nos Orzamentos Xerais do Estado para este ano 2022 destinada á implantación deste sistema nos xulgados dos partidos xudiciais das dúas grandes áreas urbanas galegas.

Un sistema que cualifican de “indispensable” para “superar as disfuncións do sistema actual e procurar a prestación dun servizo público áxil, moderno, eficaz e respectuoso coa tutela dos dereitos fundamentais e as garantías procesuais”.

O TSXG lembra que a súa Sala de Goberno presentou no ano 2019 a solicitude ante o Consello Xeral do Poder Xudicial (CGPJ) tras a proposta realizada polos xuíces de instrución, que consideran necesario cambiar as actuais gardas semanais por quendas rotarios diarios de 24.

A proposta foi admitida polo CGPJ que, con todo, resaltaba no seu informe que o cambio estaba supeditado a que Xunta e Ministerio de Xustiza asumisen o seu custo.

ÚLTIMAS

O BNG esixe retirar o Plan de Igualdade de Vigo por falta de consenso e un atraso de 14 anos

O grupo municipal do BNG en Vigo pediu a retirada da proposta do V...

Uruguai rescinde o contrato con Cardama por “incumprimentos graves” e anuncia accións xudiciais

O presidente de Uruguai, Yamandú Orsi, anunciou que o seu Goberno rescindiu o contrato...

Concello e Zona Franca blindan o futuro de Balaídos coa prórroga da bancada de Río ata 2080

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, e o delegado de Zona Franca, David Regades,...

Collen a un neno de 13 anos conducindo o coche da súa nai en pleno centro de Vigo

Axentes da Policía Local interceptaron o pasado mércores pola tarde a un menor de...