InicioSociedadeA obra do ascensor Halo de Vigo terá un sobrecusto duns 5...

A obra do ascensor Halo de Vigo terá un sobrecusto duns 5 millóns de euros

Aumenta ata os 12,6 millóns de euros, desde os algo máis de 7 millóns que se estimaban nun primeiro momento.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, informou de que o orzamento do ascensor Halo da cidade, que unirá García Barbón con Vía Norte, aumentou ata os 12,6 millóns de euros, desde os algo máis de 7 millóns que se estimaba nun primeiro momento.

Caballero explicou algúns dos motivos para este incremento, como que hai un ano se fixo unha estimación tras o concurso de ideas, pero sen ter o proxecto redactado. “O custo sábelo cando xa tes o proxecto”, remarcou.

“Unha vez se fai o proxecto, vese o custo (12,6 millóns de euros). Ademais, unha parte dese incremento non é soamente que a estimación inicial era sen proxecto, sobre unha idea, é que tamén se produciu un aumento moi importante en moitos dos materiais. O incremento é a suma de todo”, indicou Caballero.

Con todo, o alcalde reivindicou que “se vai facer”, porque o Halo é “unha das grandes obras da historia da cidade”. Unha obra que durará 12 meses e comezará previsiblemente en xullo, xa que a licitación se fará unha vez se aprobe o proxecto, que será este mes.

ÚLTIMAS

Xulgan en Vigo un home acusado de abusos sexuais continuados a unha menor

A sección quinta da Audiencia Provincial de Pontevedra, con sede en Vigo, acollerá este...

Un ano de prisión por apropiarse de equipos dunha emisora para revender en tendas de segunda man

A Audiencia Provincial de Pontevedra, con sede en Vigo, celebra este mércores 28 de...

O xulgado solicita á Policía Local información e documentos sobre o ‘Saltamontes’ no que morreu un mozo en 2024

O xulgado de instrución 3 de Vigo, que investiga o accidente sucedido en agosto do...

Alento celebra o seu 25 aniversario elaborando “a tortilla máis grande da historia de Vigo”

A Asociación de Dano Cerebral Alento celebrará este sábado, 25 de maio, o seu 25 aniversario cunha festa...