InicioVigo e contornaVigoDetido tras ameazar ao dono dun bar en Vigo polo prezo da...

Detido tras ameazar ao dono dun bar en Vigo polo prezo da consumición

O home tivo que ser reducido pola Policía Local ao comportarse de forma agresiva.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Un home, P.A.N. de Vigo e 36 anos de idade, foi detido na cidade por insultar e ameazar ao responsable dun local de hostalaría ao non estar de acordo coa tarifa da súa consumición. Tal como informou a Policía Local, os feitos ocorreron este luns sobre as 17,30 horas nun establecemento da rúa Florida, cando un home mostrou o seu malestar polo prezo da súa consumición, que ascendía a 4,90 euros, e comezou a increpar e a insultar ao resto de clientes.

Así, o encargado do establecemento chamouno á orde, procedendo o home a insultalo e a ameazalo, levantando unha cadeira “realizando o xesto de tirarlla” e convidouno a saír ao exterior para agredilo. Cando chegaron os axentes, o home xa non estaba no lugar, pero foi achado nas proximidades e negou a identificarse. Ademais, tamén comezou a insultalos, a tratar de darlles golpes coa cabeza e patadas, polo que foi reducido e detido pola suposta comisión dun delito leve de estafa e ameazas.

No exercicio dos seus dereitos, foi trasladado a un centro médico para ser atendido, onde continuou coa súa conduta “agresiva”, “chegando mesmo a ameazar ao médico e á enfermeira”.

ÚLTIMAS

Médicos de Atención Primaria maniféstanse en Vigo contra a sobrecarga laboral

Decenas de médicos de Atención Primaria de toda Galicia concentráronse este martes pola tarde...

O BNG de Vigo demanda un cambio radical ante a crise industrial e a emerxencia laboral na cidade

O BNG de Vigo reclamou á Xunta de Galicia e ao Concello un cambio...

Vigo volve mirar ao Mundial: Caballero anuncia novos pasos para ampliar Balaídos ata 43.000 espectadores

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, asegurou este martes que “xa se están dando...

Xuízo pola morte dun operario en Cardama: o condutor do camión asegura que non viu o cable que provocou a caída da peza

O condutor do camión do que caeu unha enorme peza que causou a morte...