InicioVigo e contornaVigoA intermodal de Vigo estará operativa para o verán segundo a Xunta

A intermodal de Vigo estará operativa para o verán segundo a Xunta

Con todo, a outra parte dos accesos, levados a cabo polo Concello, tardarán algo máis, e non será ata o mes de maio cando estean finalizados.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A estación intermodal de Vigo estará dispoñible para este verán, segundo avanzou a conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, que asegurou que na actualidade as obras están ao 90% da súa execución.

Nunha entrevista en Radio Vigo Cadena Ser, recollida por Europa Press, Vázquez explicou que no primeiro trimestre deste ano o edificio de pasaxeiros estará finalizado, así como parte dos túneles de acceso que son construídos pola Xunta.

Con todo, a outra parte dos accesos, levados a cabo polo Concello, tardarán algo máis, e non será ata o mes de maio cando estean finalizados. Neste sentido, pediu “celeridade” pero indicou que este verán estará “totalmente en servizo” a estación intermodal para os usuarios de autobuses.

Entre outros temas, tamén criticou ao alcalde, Abel Caballero, por querer “confrontar” co tema da autovía Vigo-O Porriño, e insistiu na importancia de que os trens Avril cheguen a Galicia en xullo para acurtar a viaxe entre Vigo e Madrid ata as 3 horas e 20 minutos.

VIARIO DE BEADE

Preguntada sobre o viario que cruzaría a parroquia de Beade, Vázquez indicou que Caballero debería dar explicacións sobre a “chapuza” da planificación viaria da PXOM, que conta con “gravísimas deficiencias” e “erros de calado”.

Segundo ela, non debería sorprender o informe desfavorable da Xunta xa que nel prevese un viario financiado polo Executivo autonómico de forma “unilateral” e “sen ningún tipo de diálogo nin consulta”. Por iso, pediu ao Concello “rectifiación” respecto diso.

Ante estas palabras, a concelleira de Urbanismo do Concello de Vigo, María Xosé Caride, lamentou “o ton” da conselleira ao falar do Plan Xeral de Ordenación Municipal de Vigo e asegurou que a Xunta “só busca confrontar”.

Así, en declaracións difundidas aos medios, Caride criticou que Vázquez viñese a Vigo a anunciar, ao seu xuízo, “que abandona a cidade” e que ata 2050 o investimento en materia viaria que fará a Xunta serán “dous reforzos de firme” en dúas estradas autonómicas.

“Esiximos que trate aos vigueses como o que somos: cidadáns de primea dentro dunha Comunidade de primeira”, sentenciou.

ÚLTIMAS

25 de Abril: Unha revolución permanente

O 25 de abril de 1974 foi unha revolución decisiva en Portugal, que acabou...

Tres persoas feridas, unha delas de gravidade, nun incendio nun edificio en Vigo

Tres persoas resultaron afectadas, unha delas de gravidade, tras un incendio nun edificio situado...

Detidas tres mulleres dunha mesma familia en Vigo por explotar sexualmente a mulleres estranxeiras

Axentes da Policía Nacional detiveron en Vigo a tres mulleres da mesma familia como...

Vigo retoma o xuízo contra a trama que fabricaba ‘narcolanchas’ tras sucesivas suspensións

A sección quinta da Audiencia Provincial de Pontevedra retomará a partir do luns o...