O número de persoas hospitalizadas con Covid en Galicia aumentaron levemente nas últimas horas, e son 44 os pacientes na UCI (3 máis) e 642 os que están en unidades convencionais (28 máis), aínda que o número total de casos activos descendeu a 62.867, e tamén se conteñen por baixo de 4.300 os novos contaxios detectados.
Segundo os datos publicados este luns pola Consellería de Sanidade, con información recollida ata as 18,00 horas deste domingo, hai 62.867 casos activos de Covid en Galicia (2.764 menos que hai un días), dos que 16.370 correspóndense coa área sanitaria de Vigo (804 menos).
Con respecto ás persoas hospitalizadas, nas últimas horas produciuse un lixeiro repunte, e o número de ingresados pasou de 658 a 686, dos que 44 son pacientes en UCI (3 máis que hai un día) e 642 son pacientes en planta (28 máis). Por áreas, na de Vigo hai 9 pacientes en UCI (un máis) mentres que os hospitalizados creceron de 82 a 90.
NOVOS CONTAXIOS
Segundo os datos publicados polo Sergas este luns, os novos contaxios de Covid en Galicia seguen contidos, e rexistráronse nas últimas horas 4.246 casos novos, o que supón 287 contaxios menos que os notificados o domingo. Por áreas, na Vigo hai confirmados 1.087 casos de Covid novos.