InicioSociedadeA área de Vigo segue sen baixar da sexta onda

A área de Vigo segue sen baixar da sexta onda

Rexistra 18.057 persoas con Covid (744 máis que hai un día).

PUBLICADO O

- Advertisement -

Os novos casos de Covid-19 repuntaron levemente nas últimas horas en Galicia e alcanzaron os 6.362 contaxios (fronte aos pouco máis de 6.000 notificados na xornada do xoves), e os casos activos volveron a subir, ata as 68.419 infeccións. Con todo, a presión nos hospitais descendeu lixeiramente, e hai 44 persoas en UCI e 596 en planta.

Así se reflicte no balance publicado este venres pola Consellería de Sanidade, con datos solicitados ata as 18,00 horas do xoves, e no que se informa de, ata agora, contaxiáronse 405.459 persoas, é dicir, que hai 6.362 contaxios novos nas últimas 24 horas.

Por áreas sanitarias, ade Vigo rexistrou na última xornada 1.772 contaxios, polo que segue á cabeza no número de infeccións, e rexistra 18.057 persoas con Covid (744 máis que hai un día).

PRESIÓN HOSPITALARIA

Con respecto á presión da pandemia nos hospitais de Galicia, as cifras experimentaron unha lixeira melloría nas últimas horas, cun descenso de 4 pacientes en Unidades de Coidados Intensivos, que agora teñen 44 persoas; e cun paciente menos en planta, o que fai un total de 596 enfermos. Por áreas sanitarias, hai 8 pacientes en UCI da área de Vigo (os mesmos que hai un día).

ÚLTIMAS

O BNG esixe retirar o Plan de Igualdade de Vigo por falta de consenso e un atraso de 14 anos

O grupo municipal do BNG en Vigo pediu a retirada da proposta do V...

Uruguai rescinde o contrato con Cardama por “incumprimentos graves” e anuncia accións xudiciais

O presidente de Uruguai, Yamandú Orsi, anunciou que o seu Goberno rescindiu o contrato...

Concello e Zona Franca blindan o futuro de Balaídos coa prórroga da bancada de Río ata 2080

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, e o delegado de Zona Franca, David Regades,...

Collen a un neno de 13 anos conducindo o coche da súa nai en pleno centro de Vigo

Axentes da Policía Local interceptaron o pasado mércores pola tarde a un menor de...