InicioVigo e contornaVigoO PSdeG considera "nefasta" a restrición de actividade en centros de Vigo...

O PSdeG considera “nefasta” a restrición de actividade en centros de Vigo pola covid

O conselleiro, Julio García Comesaña, insistiu en que "non se pecharon centros; estiveron abertos pero con medidas organizativas --a actividade programada continuou--", como si ocorreu noutras comunidades gobernadas polo PSOE.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Xunta de Galicia defendeu este mércores a restrición de actividade en 14 centros de Vigo por mor da covid; unha decisión que os socialistas cualificaron de “nefasta” e de “ataque contra a saúde pública”.

“Os facultativos só atenden urxencias e casos covid porque hai pouco persoal por xubilacións, vacacións e baixas que non se cobren. Isto supón un ataque á sanidade pública, universal e gratuíta. Toda a cidadanía ten dereito a acudir ao médico, sexa cal for a súa doenza“, defendeu a deputada socialista Leticia Galego, que insistiu ademais en que a atención primaria está “desbordada”.

A socialista dirixiu unha pregunta oral ao Goberno autonómico no Pleno do Parlamento, na que instou á Xunta a mellorar as condicións laborais dos médicos e afirmou que “desde que goberna Feijóo, Galicia renunciou a formar a máis de 100 médicos de familia; desmantelando a sanidade pública galega”.

O conselleiro de Sanidade asegurou, pola súa banda, que a restrición da actividade en determinados centros, “que non pechen”, vén motivada por unha situación excepcional provocada por unha onda da covid-19 cun “aumento explosivo de casos”, que coincidiu ademais con épocas de permisos de vacacións e unha alta porcentaxe de traballadores infectados.

“Foi necesario limitar a sobredemanda a unha actividade concreta durante un tempo concreto”, explicou Comesaña, que sinalou ademais que a decisión se tomou “co acordo dos profesionais”.

O conselleiro insistiu en que “non se pecharon centros; estiveron abertos pero con medidas organizativas –a actividade programada mantívose–“, como si ocorreu noutras comunidades gobernadas polo PSOE. “A esixencia para algúns, fáltalle para outros, sobre todo cando son do mesmo partido”, lamentou.

ASISTENCIA URXENTE NO MORRAZO

Por outra banda, o titular de Sanidade tamén respondeu unha pregunta oral do BNG en canto á situación da comarca do Morrazo, “sen un servizo de emerxencias do 061 adecuado”.

“O persoal está afogado e excedido, trasladándose en taxi ás emerxencias, e os veciños amedrentados”, sinalaron os nacionalistas, que lembraron o falecemento de catro persoas nos últimos 10 días “por non contar coa asistencia adecuada”.

Sobre isto, Comesaña reiterou que os servizos se estipulan en base aos informes de avaliación de necesidades do 061 e que, coa actividade atendida durante o últimos tres anos, “non é necesario variar o servizo de urxencias”.

Lembrou ademais que O Morrazo está incluída na área de transporte urxente de Vigo, con ambulancias con base en Cangas e Moaña, algunhas delas 24 horas e cun total de 60 técnicos para cubrir esa zona. En 2021, detallou Comesaña, atendéronse 5.000 servizos, un servizo cada tres horas en Cangas e un cada 4,28 en Moaña.

Respecto das últimas mortes ás que fixo referencia o BNG, o titular autonómico de Sanidade destacou os tempos de resposta das ambulancias, que chegaron en 8 e en 19 minutos.

ÚLTIMAS

O Marisquiño cambia o percorrido do seu descenso urbano, que acabará no Centro Comercial A Laxe

O festival da cultura urbana O Marisquiño anunciou este xoves un cambio de percorrido...

Cortado un carril da A-55 tras o incendio nun camión portavehículos en Tui

Axentes da Garda Civil de Tráfico procederon a cortar o carril dereito da A-55 en...

O Tribunal Supremo non admite o recurso do Concello de Vigo polo cobro de 1,1 millóns por parte da Xunta

O Tribunal Supremo ditou un auto no que inadmite o recurso de casación presentado...

Sanitarios de Vigo piden “tolerancia cero” contra a violencia no PAC ao ser “punto negro” de ataques

Profesionais sanitarios da área de Vigo volveron a concentrarse este xoves para esixir "tolerancia...