InicioSociedadeA UVigo celebrará Santo Tomás de Aquino cun acto este venres

A UVigo celebrará Santo Tomás de Aquino cun acto este venres

O reitor, Manuel Reigosa, presidirá a celebración e o secretario xeral, Miguel Ángel Michinel, será o encargado de ler os nomes das persoas premiadas, que recibirán as correspondentes medallas, insignias e diplomas.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Universidade de Vigo volverá celebrar a festividade de Santo Tomás de Aquino, patrón da institución, despois da suspensión do ano pasado motivada pola pandemia de Covid, e farao cun acto este venres, no que se entregarán máis dun centenar de distincións.

Á celebración, que terá lugar no salón de actos da Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais, están convidadas autoridades académicas e un grupo dun centenar de estudantes de grao, máster e doutoramento, galardoados cos Premios Extraordinarios de Grao, Premios Extraordinarios de Doutoramento e Premio Egeria á inclusión da perspectiva de xénero nos traballos de fin de grao e de fin de máster. Ademais, o acto será retransmitido por UVigo TV.

O reitor, Manuel Reigosa, presidirá a celebración e o secretario xeral, Miguel Ángel Michinel, será o encargado de ler os nomes das persoas premiadas, que recibirán as correspondentes medallas, insignias e diplomas.

En total, entregaranse 50 Premios Extraordinarios de Grao, 53 Premios Extraordinarios de Doutoramento (23 correspondente ao curso 2019-20 e outros 30 correspondentes ao curso 2020-21); e 6 Premios Egeria.

A cerimonia completarase co discurso do reitor e coa actuación musical de Xoan Curiel a dúo con Iria Estévez, que pecharán a celebración, como é tradicional, coa interpretación do himno da Universidade, ‘Gaudeamos Igitur’.

ÚLTIMAS

Dúas persoas trasladadas ao hospital tras un incendio nunha vivenda en Samil

Dúas persoas tiveron que ser evacuadas este luns a un centro hospitalario por inhalación...

O BNG denuncia “opacidade” no custo do desfile das Forzas Armadas e o peche das Travesas

O BNG de Vigo denuncia a "opacidade" do goberno local de Abel Caballero sobre...

Vigo recibe este martes a súa primeira tripla escala de cruceiros con máis de 7.500 turistas

O Porto de Vigo acollerá este martes, día 22 de abril, a súa primeira...

A Xunta e Vicus Gallaecia analizan os retos da mobilidade e urxen un calendario para o AVE Vigo-Porto

O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, participou este luns nun encontro...