InicioEconomíaVigo e Santander estarán conectadas con voos directos este verán

Vigo e Santander estarán conectadas con voos directos este verán

Nun comunicado, a compañía Air Nostrum informou que a partir deste martes porá á venda os voos, que conectarán Vigo con Santander os xoves e os sábados desde o 23 de xullo ata o 3 de setembro.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Vigo terá voos directos a Santander este verán, despois de que a aerolínea Air Nostrum, franquiciada de Iberia para voos rexionais, anunciase que conectará dúas veces por semana a cidade olívica coa capital de Cantabria.

Nun comunicado, a compañía informou que a partir deste martes porá á venda os voos, que conectarán Vigo con Santander os xoves e os sábados desde o 23 de xullo ata o 3 de setembro. Ademais, Air Nostrum tamén establecerá voos desde Santander ata Granada e Xerez.

“Trátase de tres destinos inéditos na grella do aeródromo cántabro cos que buscamos abrirnos a novos mercados e ampliar a conectividade de Cantabria co territorio nacional“, indicou o conselleiro de Industria, Turismo, Innovación, Transporte e Comercio, Javier López Marcano, tras reunirse cos responsables da aerolínea a semana pasada na Feira Internacional do Turismo (Fitur), levada a cabo en Madrid.

Segundo o conselleiro cántabro, este tres destinos son, á súa vez, “interesantes” para os cántabros. “Son tres rutas que abren moitas posibilidades ao sector turístico, pero tamén beneficiosos para viaxes de negocios e empresariais”, engadiu.

ÚLTIMAS

Fin á folga en Radioloxía en Vigo: o Sergas acepta sumar un terceiro médico de garda

O Servizo Galego de Saúde (Sergas) e radiólogos de Vigo alcanzaron este xoves un...

Morre apuñalado un home na antiga estación de bus en Vigo

Un home faleceu na tarde deste xoves en Vigo tras ser apuñalado na contorna...

Caballero arremete e eleva a batalla polo Mundial 2030: “A Xunta non quere pagar Balaídos”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, volveu cargar contra a Xunta, asegurando que "non...

Vigo paraliza idea dunha facultade de Medicina tras o preacordo para a docencia descentralizada

A Xunta de Galicia e os reitores das tres universidades galegas acadaron un preacordo...