InicioSociedadeProxecto piloto en Vigo sobre edificios intelixentes que informarán dos niveis de...

Proxecto piloto en Vigo sobre edificios intelixentes que informarán dos niveis de ruído e fume

En concreto, a estación de ferrocarril e de tren, o porto, os museos, o estadio de Balaídos, VigoZoo ou todos os mercados da cidade formarán parte do proxecto piloto, que tamén contará con edificios privados como centros comerciais, hoteis ou o Parque Tecnolóxico e Loxístico de Valladares.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Vigo participará nun proxecto piloto de edificios intelixentes que medirán a través de sensores e facilitarán datos en tempo real do nivel de ruído, de coches na rúa, de aglomeracións, de gases ou de consumo eléctrico, entre outros.

Tal como explicou en rolda de prensa o alcalde, Abel Caballero, serán máis de 170 edificios os que estarán incluídos na iniciativa, que estará financiada en gran parte polo Goberno central, con 3,9 millóns de euros, mentres que o Concello investirá 1,1 millóns.

Así, 78 dos edificios estarán situados no centro da cidade, mentres que os 94 restantes nas parroquias de Vigo. Coa axuda da Internet das cousas (IoT, polas súas siglas en inglés), as infraestruturas transmitirán información que servirá para “mellorar a calidade de vida” das persoas, segundo asegurou Caballero, como o nivel de gases, de coches, de ruídos, de aglomeracións, de consumo de enerxía, da calidade do aire ou do tempo.

En concreto, a estación de ferrocarril e de tren, o porto, os museos, o estadio de Balaídos, VigoZoo ou todos os mercados da cidade formarán parte do proxecto piloto, que tamén contará con edificios privados como centros comerciais, hoteis ou o Parque Tecnolóxico e Loxístico de Valladares.

ÚLTIMAS

A Fiscalía pide tres anos de prisión para un home acusado de estafar a unha muller cun falso anuncio de aluguer en Vigo

A Fiscalía solicita tres anos de prisión para un home acusado de estafar a...

O xurado considera culpable de asasinato ao autor do crime de Coia pero ve atenuantes e as acusacións rebaixan penas

O tribunal de xurado encargado de axuizar o chamado crime de Coia, en Vigo,...

O TSXG esíxelle ao Concello de Vigo que o Nadal non perturbe a tranquilidade dunha veciña

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) ordenou a continuación da execución da...

Vigo creará un Observatorio da Vivenda coa UVigo e unha empresa pública para crealas

O Concello de Vigo aprobará a próxima semana un convenio con Universidade olívica para...