InicioSociedadeAliviase a presión hospitalaria na área de Vigo, aínda que seguen aumentando...

Aliviase a presión hospitalaria na área de Vigo, aínda que seguen aumentando os casos

Tamén hai menos pacientes nas UCI.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Os novos contaxios de Covid-19 descenden tras dous días en aumento en Galicia, aínda que se manteñen por encima dos 6.000, con outros 6.339 –que supoñen 299 menos que o día anterior–, mentres que os casos activos seguen en ascenso ata situarse nos 78.692 –que implican 1.456 máis–. 

Os pacientes hospitalizados por este coronavirus caen a 560 –constitúen 28 menos–. Pola súa banda, a taxa de positividade increméntase ata o 23,3 por cento. Segundo os datos actualizados na mañá deste venres pola Consellería de Sanidade con rexistros ata as 18,00 do xoves, a presión hospitalaria alíviase en Vigo. Aínda que aumentan os pacientes Covid en UCI a nove –dous máis–, descenden a 65 os ingresados noutras unidades –16 menos–.

CASOS ACTIVOS

Galicia mantén a tendencia ascendente dos casos activos de Covid-19, que se sitúan en 78.692, o que implica 1.456 máis que o día anterior ao haber máis contaxios (6.339) que altas (4.876), ao que se engaden sete falecementos. 

Por áreas sanitarias, os casos activos aumentan na área de Vigo, que segue á  cabeza (+492) e suma xa 20.899 contaxios activos.

ÚLTIMAS

O BNG esixe retirar o Plan de Igualdade de Vigo por falta de consenso e un atraso de 14 anos

O grupo municipal do BNG en Vigo pediu a retirada da proposta do V...

Uruguai rescinde o contrato con Cardama por “incumprimentos graves” e anuncia accións xudiciais

O presidente de Uruguai, Yamandú Orsi, anunciou que o seu Goberno rescindiu o contrato...

Concello e Zona Franca blindan o futuro de Balaídos coa prórroga da bancada de Río ata 2080

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, e o delegado de Zona Franca, David Regades,...

Collen a un neno de 13 anos conducindo o coche da súa nai en pleno centro de Vigo

Axentes da Policía Local interceptaron o pasado mércores pola tarde a un menor de...