InicioPolíticaFernández-Tapias "vetada" pola Deputación de Pontevedra en Fitur, segundo a Xunta

Fernández-Tapias “vetada” pola Deputación de Pontevedra en Fitur, segundo a Xunta

"A día de hoxe o aforamento está completo e a Sra. Fernández-Tapias non forma parte da lista nominal pechada", trasladou a Deputación.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Xunta de Galicia denunciou este xoves que a Deputación de Pontevedra “vetou” a presenza da delegada territorial en Vigo, Marta Fernández-Tapias, no acto de presentación de Turismo Rías Baixas, que se celebrou na caseta de Turespaña en Fitur.

A través dun comunicado, a administración autonómica lamentou que a institución provincial, que preside a socialista Carmela Silva, “deu orde expresa de evitar” a presenza de Fernández-Tapias no seu acto.

Segundo a versión da delegación territorial da Xunta, o goberno galego recibiu unha invitación da Deputación para asistir como público á presentación e cando comunicou que a persoa que asistiría sería a delegada territorial en Vigo, “a institución provincial deu marcha atrás”, alegando que “as normas establecidas por Fitur sinalan que os aforamentos son reducidos debido á Covid-19 e que as persoas asistentes teñen que ser de carácter nominal”. “A día de hoxe o aforamento está completo e a Sra. Fernández-Tapias non forma parte da lista nominal pechada”, trasladou a Deputación.

A delegada lamentou este “feito insólito” e lembrou que xa o ano pasado Carmela Silva e o seu equipo tentaron que non estivese en presentación da Deputación en Fitur, que entón se fixo na caseta reservada pola Xunta. Segundo censurou, tanto a presidenta da Deputación como o alcalde de Vigo, Abel Caballero, que presentou a oferta da cidade tamén na caseta de Turespaña, “rompen a unidade ao redor da defensa do turismo de Galicia”, facendo “alarde dunha falta total de cortesía institucional” e actuando de forma “partidista” en busca da “confrontación”.

ÚLTIMAS

Fin á folga en Radioloxía en Vigo: o Sergas acepta sumar un terceiro médico de garda

O Servizo Galego de Saúde (Sergas) e radiólogos de Vigo alcanzaron este xoves un...

Morre apuñalado un home na antiga estación de bus en Vigo

Un home faleceu na tarde deste xoves en Vigo tras ser apuñalado na contorna...

Caballero arremete e eleva a batalla polo Mundial 2030: “A Xunta non quere pagar Balaídos”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, volveu cargar contra a Xunta, asegurando que "non...

Vigo paraliza idea dunha facultade de Medicina tras o preacordo para a docencia descentralizada

A Xunta de Galicia e os reitores das tres universidades galegas acadaron un preacordo...