InicioVigo e contornaVigoDúas obras de Vigo, premiadas por "mellorar a calidade de vida" da...

Dúas obras de Vigo, premiadas por “mellorar a calidade de vida” da poboación

Trátase da nova EDAR e a rehabilitación da Praza de América.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Confederación Nacional da Construción (CNC) vén de premiar tres obras galegas por “mellorar a vida” da poboación no marco duns galardóns a nivel estatal. Entre estas tres obras –26 a nivel estatal–, atópanse a Rehabilitación Urbana da Praza de América e a Estación Depuradora de Augas Residuais (EDAR), ambos en Vigo, ademais dunha nova residencia de maiores localizada en Santiago de Compostela.

O caso resulta rechamante porque a residencia premiada por esa mellora da calidade de vida non é outra que a Raiola ‘O Hórreo’, situada en Santiago,  e que nestes momentos se erixe como unha das máis afectadas pola covid. De acordo co diario Público, a residencia rexistra nestes momentos 34 contaxios entre os seus 39 internos, un gromo que se estende tamén a boa parte dos seus profesionais.

A residencia Raiola, de feito, abriu as súas portas en decembro de 2020, en plena pandemia, baixo a premisa de crear un novo modelo de habitabilidade para os maiores consistente en pequenas comunidades de xubilados, no que dende a CNC definen como “un híbrido entre o modelo convencional e a atención no fogar”. “De feito, o centro aspira a reproducir ambientes e dimensións similares a un fogar, con zonas comúns e privadas”, engaden.

DÚAS OBRAS DE VIGO

Á parte sitúanse dúas obras na cidade de Vigo. Por unha banda está a EDAR de Lagare, construído por OHLA, que segundo a CNC “acumula xa numerosos premios no ámbito da enxeñería e a arquitectura”. A planta depuradora, explican, é a máis grande de España por tratamento biolóxico con tecnoloxía de biofiltración e unha das maiores de Europa. Entre as súas características técnicas cabe apuntar que, para o tratamento de cheiros a planta conta cun sistema biolóxico de desodorización denominado biotrickling.

A segunda gran obra viguesa, a rehabilitación de Praza América, executada por Civis Global, consiste nunha “completa modernización” da glorieta: mantendo o conxunto  escultural de  Silverio Rivas, a reforma supuxo a peonalización de 1.000 metros cadrados e a redución de tres carrís para a calzada. A obra procura que no interior da rotonda o son da auga e a barreira de vexetación refuxien ao transeúnte da contaminación de vehículos, do ruído e ofreza maior seguridade coa separación do vehículo. Dende a CNC explican que para selección dos 26 proxectos nesta primeira edición,  ponderáronse criterios como “a relevancia social, a sustentabilidade, a innovación ou o impacto económico”.

ÚLTIMAS

A Xunta asina coa Mancomunidade de Montes de Vigo un programa de formación para recuperar terreos queimados

O Consello da Xunta aprobou este luns o primeiro dunha serie de convenios no...

A CIG chama a “desbordar” as rúas de Vigo o Primeiro de Maio contra a precariedade e a escalada belicista

O secretario comarcal da CIG en Vigo, Alberto Gonçalves, e a integrante da executiva...

A Garda Civil sitúa en Cataluña a cúpula da trama de narcolanchas que operaba dende Vigo

Os 11 acusados pola súa implicación na construción e traslado de narcolanchas dende Vigo...

Zona Franca sacará a concurso dúas parcelas en Vigo para construír ata 90 vivendas de aluguer alcanzable

O pleno do Consorcio Zona Franca de Vigo (CZFV) aprobará este martes unha oferta...