InicioSociedadeA área de Vigo supera xa os 20.000 contaxiados con Covid

A área de Vigo supera xa os 20.000 contaxiados con Covid

Soben tamén os hospitalizados.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A sexta onda seguen sen descender en Galicia. Os novos contaxios de Covid-19 volven aumentar en Galicia tras un par de xornadas en descenso ata os 6.619, que supoñen uns 1.900 máis, mentres que os casos activos soben aos 75.961 –uns 2.200 máis que o día anterior–. Pola súa banda, os pacientes hospitalizados por este coronavirus soben a 608 –seis máis– e a taxa de positividade increméntase lixeiramente a un 18,7 por cento no conxunto de Galicia. Unha situación da que non foxe a área sanitaria de Vigo.

Segundo os datos actualizados na mañá deste mércores pola Consellería de Sanidade con rexistros ata as 18,00 do martes, aumentan a 55 as persoas ingresadas en UCI pola Covid-19 en Galicia –dúas máis– e a 553 as hospitalizadas noutras unidades –catro máis–, mentres que 75.353 pacientes atópanse en seguimento no seu domicilio. Hai unha semana había un centenar de ingresados menos (508).

Por áreas sanitarias, a presión hospitalari aumenta na de Vigo, onde seguen 10 en UCI e soben a 100 os doutras unidades –oito máis–.

CASOS ACTIVOS

Tamén os casos activos seguen en aumento no conxunto de Galicia e alcanzan os 75.961, que implican 2.273 máis que a xornada anterior, ao haber máis contaxios (6.619) que altas (4.344), ao que se engaden dous falecementos. 

Por áreas sanitarias, os casos activos aumentan nas sete, coa de Vigo á cabeza (+859) que suma xa 20.348 casos activos.

ÚLTIMAS

Vigo, epicentro dunha folga xeral con numerosas mobilizacións en toda Galicia

Os traballadores galegos están convocados este mércores 11 de novembro a secundar unha folga...

Disney+ desembarca no Nadal de Vigo cunha experiencia inmersiva gratuíta e “única”: así será a nova atracción do centro da cidade

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou que Disney+ instalará na rúa Policarpo Sanz...

O PP de Vigo acusa a Caballero de “vetar” un aumento da partida de vivenda

A presidenta do PP de Vigo, Luisa Sánchez, acusou o alcalde, Abel Caballero, de...

Acepta 10 meses de prisión por insultos racistas a unha menor nun bus de Vigo por dicir que “ía nunha patera”

Un home acusado dun delito contra os dereitos fundamentais e contra a integridade moral...