InicioSucesosUn ferido grave nas Neves logo dunha caída desde unha árbore

Un ferido grave nas Neves logo dunha caída desde unha árbore

O 112 Galicia recibiu o aviso por parte dun particular sobre as 17,15 horas. Na chamada, indicaba que o propietario dunha leira onde estaba traballando necesitaba asistencia médica urxente despois de caerlle unha árbore na cabeza.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Un home resultou ferido de consideración ao sufrir a caída dunha árbore nunha leira na que traballaba no municipio pontevedrés das Neves.

O 112 Galicia recibiu o aviso por parte dun particular sobre as 17,15 horas. Na chamada, indicaba que o propietario dunha leira onde estaba traballando necesitaba asistencia médica urxente despois de caerlle unha árbore na cabeza.

Así, o 112 Galicia avisou ao 061 e do GES de Ponteareas, así como a axentes da Garda Civil. Debido á gravidade da situación, os profesionais sanitarios optaron por mobilizar o helicóptero medicalizado con base en Ourense, que tomou terra no lugar.

ÚLTIMAS

Novas ramplas para a Gran Vía, entre as rúas Xirona e Tarragona, por 9 millóns

A Xunta de Goberno Local de Vigo deu este venres luz verde á licitación...

Colas quilométricas na AP-9 ao seu paso por Vigo tras rexistrarse un accidente por alcance entre tres coches en Teis

Un accidente por alcance entre tres coches na AP-9 ao seu paso por Vigo...

Ferido un bombeiro tras sufrir un golpe de calor nun incendio dun garaxe de Vigo

Un bombeiro tivo que ser trasladado a un centro hospitalario tras sufrir un golpe...

“Teñen que cooperar e pagar”, Caballero insiste a Xunta e deputación polo Mundial

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, sinalou este venres que xa enviou sendas cartas...