InicioSociedadeCase 20.000 contaxiados covid na área de Vigo

Case 20.000 contaxiados covid na área de Vigo

Continúa aumentando a presión hospitalaria con 103 ingresados, deles 10 na UCI.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Os novos contaxios de Covid-19 seguen en descenso en Galicia, cuns 4.700 que supoñen 200 menos que no inicio desta semana, aínda que os casos activos deste coronavirus ascenden a 73.688 –algo máis dun milleiro que a xornada anterior. Os pacientes hospitalizados por este coronavirus tamén baixan ata o 602 –oito menos– e a taxa de positividade cae a un 16% no conxunto de Galicia

Segundo os datos actualizados na mañá deste martes pola Consellería de Sanidade con rexistros ata as 18,00 do luns, descenden a 53 as persoas ingresadas en UCI pola Covid-19 en Galicia –una menos– e a 549 as hospitalizadas noutras unidades –sete menos–, mentres que 73.086 pacientes permanecen en seguimento no seu domicilio.

Por áreas sanitarias, a presión hospitalaria aumenta na área de Vigo, onde continúan 10 pacientes Covid en UCI e aumentan a 93 os ingresados noutras unidades –tres máis–.

CASOS

Tamén os casos activos volven aumentar e sitúanse en 73.688 en Galicia, que supoñen 1.115 máis que a xornada anterior ao haber máis novos contaxios (4.716) que altas (3.593), ao que se suman varios falecementos.  Por áreas sanitarias, os casos activos aumentan en seis das sete áreas sanitarias, coa de Vigo á cabeza (+487). Deste xeito, con máis casos activos continúa a área sanitaria de Vigo, con 19.489.

ÚLTIMAS

O BNG esixe retirar o Plan de Igualdade de Vigo por falta de consenso e un atraso de 14 anos

O grupo municipal do BNG en Vigo pediu a retirada da proposta do V...

Uruguai rescinde o contrato con Cardama por “incumprimentos graves” e anuncia accións xudiciais

O presidente de Uruguai, Yamandú Orsi, anunciou que o seu Goberno rescindiu o contrato...

Concello e Zona Franca blindan o futuro de Balaídos coa prórroga da bancada de Río ata 2080

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, e o delegado de Zona Franca, David Regades,...

Collen a un neno de 13 anos conducindo o coche da súa nai en pleno centro de Vigo

Axentes da Policía Local interceptaron o pasado mércores pola tarde a un menor de...