InicioVigo e contornaVigoO Sergas contrata persoal xubilando en Vigo a pesar de haber enfermeiras...

O Sergas contrata persoal xubilando en Vigo a pesar de haber enfermeiras sen traballar, denuncia Satse

O Sindicato de Enfermería cualifica de "total despropósito" e "falta de respecto" a xestión do Sergas.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O Sindicato de Enfermaría Satse denunciou publicamente a “nefasta xestión” do Servizo Galego de Saúde no relativo á contratación de enfermeiros e enfermeiras na área de Vigo xa que, segundo as súas cifras, existen profesionais xubilados que están a traballar porque “supostamente” non hai persoal en lista, a pesar de que ata 20 persoas están a esperar a ser chamadas en ditas listas.

“O máis rechamante desta falta de xestión é que eses profesionais que están nas súas casas son totalmente necesarios nestes momentos, tanto en Atención Primaria, como en hospitalaria”, lamentou Satse. Para o sindicato, isto supón un “total despropósito” por parte do Sergas, que debería ter unha previsión de traballo “máis organizada”.

Neste sentido, explicou que o Sergas sempre mostrou a súa preocupación pola falta de profesionais da enfermaría. “Con todo, agora que tiña a oportunidade de mellorar a situación de sobrecarga coa reincorporación voluntaria de xubilados, deixa ás enfermeiras de listas nas súas casas para seguir con déficit de persoal”, lamentou.

Así, a secretaria autonómica de Satse en Galicia, Malules Carbajo, lembrou que a principio de ano recorreuse a xubilados voluntarios para a vacinación masiva e o covid auto, “pero a condición de que non houbese enfermeiras nas listas de contratación”. No entanto, agora segue ocorrendo na área sanitaria de Vigo, onde hai 20 profesionais á espera de ser chamados. Para o sindicato de enfermaría, esta situación é “intolerable” e unha “falta de respecto” cara ás enfermeiras que o deron todo “e agora déixanas tiradas”, a pesar de ser “imprescindibles”. Por todo iso, esixe a contratación “inmediata” de todos os profesionais que están desocupados.

ÚLTIMAS

O BNG e o Concello de Vigo cruzan críticas pola “inacción” ante o prezo da vivenda

O grupo municipal do BNG criticou este luns a "inacción" da Xunta e do...

Caballero presume dun 90 % de ocupación en Vigo polo Nadal e carga contra os “antiVigo”: “Desgústalles que nos vaia ben”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, cifrou no 90 % o nivel de ocupación...

Un home enfróntase a sete anos de prisión acusado de vender droga no bar que rexentaba en Baiona

Un home sentará este martes no banco dos acusados na sección quinta da Audiencia...

Luz Casal actuará en Vigo no Teatro Afundación en febreiro de 2026 dentro da súa nova xira

A cantante Luz Casal ofrecerá un concerto no Teatro Afundación de Vigo o vindeiro...