InicioVigo e contornaVigoUn detido en Vigo por forzar unha furgoneta para roubar ferramentas

Un detido en Vigo por forzar unha furgoneta para roubar ferramentas

O home portaba na man unha bolsa de plástico branca que contiña no interior 5 maletíns con ferramentas de traballo.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Policía Local de Vigo detivo na madrugada do pasado luns a un home tras forzar o maleteiro dunha furgoneta para roubar maletíns cheos de ferramentas.

Os feitos ocorreron a escasos minutos das 4,30 horas da mañá, cando unha patrulla observou a un individuo esconderse cando se decatou da presencial policial na rúa José Antela Conde.

Por iso, segundo relata a Policía nun comunicado, foi interceptado e identificado, resultando ser F.P.T., de Moaña  e 38 anos de idade. O home portaba na man unha bolsa de plástico branca que contiña no interior 5 maletíns con ferramentas de traballo.

Durante a entrevista co citado, os actuantes decatáronse de que a furgoneta tras a que se escondeu tiña a porta entreaberta, “con claros signos de forza”. A maiores, comprobaron que na parte inferior do marco había marcas “evidentes” de apalancamiento.

Tras realizarlle un cacheo, atoparon na bandoleira do individuo un desaparafusador que coincidía coas marcas da porta. Por iso, localizouse ao titular do vehículo, quen apareceu no lugar e asegurou que o material mencionado era da súa propiedade.

Así, procedeuse á detención do home pola suposta comisión dun delito de roubo con forza, en grao de tentativa.

ÚLTIMAS

Atopan nas proximidades da ponte de Rande o corpo do home desaparecido en Redondela (Pontevedra)

Un equipo do Grupo Especial de Actividades Subacuáticas (GEAS) da Garda Civil e un...

Vigo demolerá o antigo restaurante Di San Remo de Samil antes do próximo verán

A Xunta de Goberno Local de Vigo aprobará este venres a demolición do antigo...

Conxemar expulsa a unha empresa italiana por usar a imaxe de mulleres espidas para promocionar ameixas

A organización considera a promoción da compañía italiana de ameixas do adriatico incompatible cos...

Vigo aposta por voos directos a Londres, París, Sevilla e Alicante para atraer máis turismo

O Concello de Vigo iniciou o contrato de promoción turística da cidade a través...