InicioEconomíaOs traballadores de Vitrasa suspende os paros "temporalmente"

Os traballadores de Vitrasa suspende os paros “temporalmente”

Vitrasa anunciou que a decisión do comité de empresa de suspender temporalmente as mobilizacións convocadas implica a finalización dos servizos mínimos de transporte previstos.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Os traballadores da empresa concesionaria do servizo de autobús urbano de Vigo, Vitrasa, suspenderon os paros “temporalmente”.

Vitrasa anunciou que a decisión do comité de empresa de suspender temporalmente as mobilizacións convocadas implica a finalización dos servizos mínimos de transporte previstos.

Así mesmo, esta empresa lamentou “as molestias ocasionadas á cidadanía” e lembrou que os usuarios poderán consultar o servizo dispoñible para os próximos días na súa páxina web.

En concreto, o comité de empresa iniciou a comezos de outubro unha serie de paros parciais para reclamar unha mellora das condicións laborais dos traballadores. Con todo, estes suspendéronse uns días máis tarde ao convocar a dirección da empresa á representación dos traballadores a unha reunión.

Ao non alcanzarse un acordo, o pasado 19 de novembro iniciouse unha nova folga en cuxa primeira xornada houbo varios traballadores feridos nun enfrontamento coa Policía. Ademais, desde o pasado 13 de decembro, os paros convertéronse nunha folga indefinida de luns a venres excepto festivos, mentres Vitrasa chegou a denunciar varios “ataques” aos autobuses da frota.

ÚLTIMAS

A praza baleira e a nosa débeda con Martínez Garrido

O outro día atopeime cunha imaxe tan chocante como reveladora: o busto do Rei...

O PP afea a Caballero que se acorde das familias “só en ano electoral” e pide recuperar as axudas para libros

O grupo municipal do PP en Vigo reclamou este martes ao goberno local que...

A falta de visibilidade en Peinador obriga a regresar a Madrid a un avión con destino Vigo

A falta de visibilidade obrigou a regresar a Madrid ao piloto do voo de...

‘Romaría’: Carla Simón viaxa á ría de Vigo para reconstruír o pasado dos seus pais

A cidade de Vigo acolle este martes a preestrea do filme 'Romaría' (a estrea...