InicioVigo e contornaVigoCaballero seguirá adiante coa Cabalgata de Reis malia o aumento dos contaxios

Caballero seguirá adiante coa Cabalgata de Reis malia o aumento dos contaxios

O BNG acusa ao rexedor de estar empuxado por unha "necesidade de masas".

PUBLICADO O

- Advertisement -

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, ratificou que se mantén a aposta por unha Cabalgata de Reis “dinámica”, en lugar de estática, pese ao incremento de contaxios por covid-19 na cidade, que este mércores rexistra unha incidencia acumulada a 14 días de 876 novos casos por cada 100.000 habitantes, 52,7 puntos máis que a xornada anterior.

“As decisións sobre sanidade e medidas covid-19 a toma a autoridade sanitaria e nós cumprímolas”, remarcou o rexedor tras ser preguntado por unha posible valoración da celebración dunha Cabalgata estática. “As normas permiten unha Cabalgata dinámica e ímola a facer”, resolveu Abel Caballero, que recoñeceu que se se modifican as medidas sanitarias procederase ao estudo das mesmas. Tamén explicou que se repartirán 4 toneladas de caramelos.

Por outra banda, indicou que se entregaron 1.500 carballos ás comunidades de montes de Vigo para que os planten na cidade. En concreto, repartíronse entre Teis, Beade, Saiáns, Coruxo, Candeán, Matamá, Valadares, Zamáns e a comunidade de montes de Vigo.

Noutra orde de cousas, o BNG chamou a axustar os eventos públicos do Nadal na cidade ante a elevada taxa de contaxios e urxiu a convocatoria do Comité de Seguimento Municipal da covid-19, así como reforzos na rede sanitaria pública por parte da Xunta. “É momento de responsabilidade, fronte á necesidade de masas que parece empuxar ao alcalde, nós apostamos por protexer a saúde”, aseverou o concelleiro nacionalista, Xabier P. Igrexas.

ÚLTIMAS

A Xunta destaca ao Real Club Náutico de Vigo como “referente deportivo e social” no seu 120 aniversario

O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, participou este xoves no acto...

O Porto de Vigo prevé superar os 310.000 cruceiristas en 2027 tras consolidar as súas escalas en Miami

O Porto de Vigo pechou o exercicio de 2025 con 125 escalas de cruceiros...

O BNG esixe o fin da licitación do bus en Vigo para evitar pagar “un 90 % máis polo mesmo”

O grupo municipal do BNG volveu a reclamar este xoves que se desista do...

Escotet alerta sobre o impacto da guerra de Oriente Medio na economía galega

O presidente de Abanca, Juan Carlos Escotet, reiterou o compromiso da entidade co tecido...