InicioSucesosUn accidente sen feridos na A-52 causa retencións á altura de Ponteareas

Un accidente sen feridos na A-52 causa retencións á altura de Ponteareas

O accidente provocou un vertido de gasolina dun camión.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Un accidente de circulación entre dous camións e un turismo na autovía A-52 provoca retencións desde primeira hora da mañá deste luns á altura de Ponteareas.

Segundo informou a Garda Civil, o sinistro, ocasionado polo mal estado dunha xunta de dilatación e que se saldou sen feridos, produciuse ao redor das 09,00 horas da mañá no punto kilómetrico 295 da Autovía das Rías Baixas.

Un dos camións articulados implicados no choque verteu a súa carga de gasolina sobre a vía a consecuencia do impacto, o que está a provocar retencións na estrada debido ás tarefas de limpeza que levan a cabo na zona os bombeiros. A Garda Civil apela a circular con precaución á altura do accidente, xa que os servizos de emerxencia ocupan o carril dereito en sentido Vigo da autovía.

ÚLTIMAS

A praia a Calzoa, a difícil convivencia entre liberdade canina e respecto pola natureza

Celebridades como o exfutbolista Vlado Gudelj e o músico Abraham Cupeiro participan na campaña...

Un accidente na Ponte de Rande provoca retencións na AP-9

Un accidente na ponte de Rande provoca retencións na autoestrada AP-9 en dirección Pontevedra,...

Prohibida a pesca do choco nas rías de Vigo e Pontevedra durante máis de tres meses

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica este xoves as resolucións da Consellería do...

PP e BNG de Vigo acusan que se impediu aos feirantes acdeder ao Concello e o goberno local négao

Os grupos municipais do PP e o BNG criticaron este xoves que se impediu...