InicioSociedadeO Hospital Álvaro Cunqueiro habilita una nova área Covid ante a "situación...

O Hospital Álvaro Cunqueiro habilita una nova área Covid ante a “situación complicada”

Trátase da zona 2B do hospital, con 46 camas, e que se suma á 3D, que xa estaba a ser utilizada con outras 44 camas.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo conta este xoves cunha nova área destinada a albergar pacientes contaxiados por Covid, trátase da zona 2B do hospital, con 46 camas, que foi habilitada para enfermos de coronavirus á primeira hora da tarde deste mércores, segundo confirmaron a Europa Press fontes sanitarias, e que se suma á 3D, que xa estaba a ser utilizada, con outras 44 camas.

Esta zona do hospital xa foi habilitada no seu día para persoas enfermas de Covid, pero clausurouse en abril pasado ante a baixada da incidencia e o descenso no número de hospitalizacións. Con todo, a “situación complicada” da evolución da pandemia na área sanitaria de Vigo (con 3.135 casos activos e 79 persoas ingresadas) levou os responsables sanitarios a reabrir a zona 2B do centro vigués.

Deste xeito, o Álvaro Cunqueiro conta agora mesmo con 90 camas de hospitalización convencional para casos Covid, e 15 postos na Unidade de Coidados Intensivos. Así mesmo, segue reservada a ‘vela’ 3C con 24 camas para “casos sospeitosos”. Fontes sanitarias apuntaron que, en todo caso, o hospital conta con máis camas de ‘críticos’, xa que existen postos adicionais tanto en UCI como na unidade de Reanimación. Ademais, admitiron que a actividade do hospital irase “adaptando” ás necesidades asistenciais.

Segundo os datos feitos públicos este xoves pola Consellería de Sanidade, dos 79 pacientes Covid ingresados na área de Vigo, 48 están no hospital Álvaro Cunqueiro (12 na UCI e 36 en ‘planta’). Así mesmo, hai 22 persoas en ‘planta’ e 3 en UCI do Hospital Povisa; e outras 5 en ‘planta’ e unha en UCI do Hospital Vithas Vigo.

ÚLTIMAS

Cinco feridos nun accidente en Mos

Cinco persoas resultaron feridas na mañá deste sábado ao chocar frontalmente dous vehículos no...

Vigo rexeita o recurso de Ryanair e mantén a sanción por reducir voos

O Concello de Vigo confirmou o rexeitamento do recurso de reposición presentado pola aeroliña Ryanair contra a sanción imposta pola...

Caballero impulsa accións legais pola exclusión de Vigo como sede do Mundial 2030

O Concello de Vigo iniciou os trámites para estudar unha posible reclamación xurídica fronte...

195 millóns: o custe do novo contrato entre SERGAS e Povisa

O Servizo Galego de Saúde (Sergas) e o Hospital Ribera Povisa de Vigo finalmente...