InicioSociedadeCaballero responde ás críticas de Almeida: "Irrítalle que Vigo fixese unhas luces...

Caballero responde ás críticas de Almeida: “Irrítalle que Vigo fixese unhas luces moito mellores que as que fixo el”

Caballero afirmou que é precisamente "aos cidadáns" a quen "máis lle agradan as luces".

PUBLICADO O

- Advertisement -

“Irrítalle que Vigo fixese unhas luces moito mellores que as que fixo el”. Así respondeu o alcalde de Vigo, Abel Caballero, ao seu homólogo en Madrid, José Luís Martínez-Almeida, despois de que este último lle dixese que a iluminación é “para os cidadáns” e non “para enaltecemento dun mesmo”.

Tras estas palabras, o rexedor vigués emitiu unhas declaracións aos medios nas que asegura que “é unha opinión xeneralizada de todo o mundo de Madrid que vén a Vigo que non hai comparación posible”. “Nótaselle que lle doe, porque quixo botarlle un pulso a Vigo e perdeu”, engadiu.

Caballero afirmou que é precisamente “aos cidadáns” a quen “máis lle agradan as luces”. “Querémoslle moito á cidade de Madrid, pero o seu alcalde non é capaz de facer unha iluminación acorde aos gustos e á dignidade dos cidadáns de Madrid”, agregou.

Ademais, quixo saudar e darlle a benvida –non sen ironía– a Martínez-Almeida á cidade, onde visitou unha exposición dedicada ao arquitecto Antonio Palacios en compañía do presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo. Así, espera que teña unha “boa estancia na cidade, aínda que non tivese a cortesía de dicir que ía vir”.

No entanto, Caballero deséxalle “o mellor” e que o “acto de partido” –tal e como o denominou– con Feijóo lle fose “moi ben”. E é que se trata, agregou, dun acto que “o avala a Constitución”, cuxo día se celebrará precisamente este luns de ponte.

SOBRE FEIJÓO: “AS LUCES DE VIGO NON LLE GUSTAN

Pero o alcalde olívico tamén tivo palabras para o presidente da Xunta: “É certo que as luces de Vigo non lle gustan a Feijóo. É certo que Feijóo é a única persoa que eu coñezo de toda Galicia que non viu as luces de Vigo nunca, que nunca as vén a ver e que cada vez que lle falan das luces de Vigo responde que Madrid tamén di que son moi boas”.

En definitiva, Abel Caballero considera que ao titular da Xunta prodúcelle “irritación” que as cousas “vaian ben” á primeira cidade de Galicia.

ÚLTIMAS

Balaídos enfronta de novo a Xunta e Caballero polo camiño de Vigo ao Mundial de 2030

A Xunta de Galicia sinalou este xoves que é "difícil avanzar" nun acordo para...

Dous operarios feridos ao desprenderse parte do forxado dun edificio en obras en Vigo

Dous traballadores resultaron feridos leves na mañá deste xoves ao desprenderse parte do forxado...

García Mateo aposta por unha UVigo máis presente na cidade e conectada coa sociedade

A reitora da Universidade de Vigo (UVigo), Carmen García Mateo, reivindicou a importancia de...

Veciños do centro de Vigo piden trasladar a acampada pola vivenda para protexer a Alameda

Veciños do centro de Vigo defenderon este mércores a necesidade de primar a protección...