InicioVigo e contornaVigoO persoal de Vitrasa continuará a folga ante a falta de respostas...

O persoal de Vitrasa continuará a folga ante a falta de respostas da empresa

Acusan a Abel Caballero de "só preocuparse de Vitrasa para facer a foto cos novos autobuses".

PUBLICADO O

O persoal da concesionaria do autobús urbano de Vigo, Vitrasa, continuará a folga e as mobilizacións ante a “falta de vontade da empresa para negociar mellorar nas condicións laborais” e a oferta mantida, que resulta “totalmente insuficiente”. Segundo traslada CIG, que preside o comité, a representación dos traballadores non foi convocada a unha reunión pola dirección, aínda que se mostra disposta a continuar as negociacións con “unha postura flexible e conciliadora” para solucionar o conflito.

Ademais, durante os últimos días, o persoal, que permanece en folga todos os venres e sábados desde o pasado 19 de novembro, intensificou as mobilizacións para forzar a empresa a negociar e ao goberno local a implicarse no conflito. Neste sentido, o pasado venres, o comité de empresa trasladou as protestas ao Concello, mentres mantén a súa intención de que a folga sexa indefinida de luns a venres desde o próximo 13 de decembro.

Deste xeito, a representación sindical acusou ao goberno local de “só preocuparse de Vitrasa para facer a foto cos novos autobuses”, mentres “deixa de lado a diminución de calidade do servizo” e “o empeoramento das condicións laborais do persoal”. Despois de que a empresa denunciase que os paros se convocaron sen consultar ao persoal tras a votación realizada en xullo, o comité asegurou que a convocatoria de mobilizacións “foi aprobada nunha asemblea aberta á totalidade dos traballadores” e “a través de voto secreto”, tras o que “foi aceptada pola ampla maioría dos participantes”.

ÚLTIMAS

Asistidas un pai e a súa filla en Vigo tras producirse un incendio na súa vivenda

Dúas persoas, un pai e unha filla, necesitaron asistencia en Vigo este xoves tras producirse...

Emilio Sotelino ou a Asociación de Viúvas Demócratas entre os Vigueses Distinguidos 2024

O pleno de Vigo aprobou este luns por unanimidade nunha sesión extraordinaria os novos Vigueses...

O goberno de Vigo aproba o marco orzamentario ata 2027 e prevé investimentos por valor de 33 millóns cada ano

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou que o goberno local aprobou o marco...

Pechados parques e espazos arbóreos da cidade de Vigo debido ao temporal

O Concello de Vigo restrinxiu por seguridade o acceso aos parques e espazos arbóreos...