InicioSociedadeVigo alcanza os 1.200 casos de Covid ante unha nova repunta do...

Vigo alcanza os 1.200 casos de Covid ante unha nova repunta do virus

A presión hospitalaria mantense sen cambios, con dúas persoas ingresadas en UCI e con 22 ingresadas noutras unidades.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Os casos activos de coronavirus en Galicia continúan á alza e exceden xa a barreira dos 4.000, con 4.396 infeccións –426 máis nas últimas 24 horas–, mentres que os contaxios volven superar o medio milleiro, 573 –73 máis–. Con todo, a presión hospitalaria descende lixeiramente ata as 104 hospitalizacións –tres menos– e a taxa de positividade tamén se reduce e marca un 6,41%.

Segundo os datos publicados na mañá deste sábado pola Consellería de Sanidade con rexistros ata as 18,00 horas deste venres, aumentan a 15 os pacientes ingresados en UCI pola Covid en Galicia –dous máis–, pero baixan a 89 as persoas hospitalizadas noutras unidades –cinco menos–.

No que respecta á área de Vigo, a presión hospitalaria mantense sen cambios, con dúas persoas ingresadas en UCI e con 22 ingresadas noutras unidades. Vigo, ademais, mantense á cabeza en canto ás infeccións activas cunha suba de 135 ata as 1.202. Séguelle a de Ourense, con 1.134; A Coruña e Cee, con 636; Lugo, con 435; Santiago e Barbanza, con 385; Pontevedra e O Salnés, con 380; e á cola continúa a de Ferrol, con 224. Segundo os últimos datos actualizados na tarde deste pasado xoves polo Ministerio de Sanidade, Galicia conta cunha taxa a 14 días de 148,12 casos por 100.000 habitantes, mentres que a media de España ascende a 171,68.

ÚLTIMAS

Balaídos enfronta de novo a Xunta e Caballero polo camiño de Vigo ao Mundial de 2030

A Xunta de Galicia sinalou este xoves que é "difícil avanzar" nun acordo para...

Dous operarios feridos ao desprenderse parte do forxado dun edificio en obras en Vigo

Dous traballadores resultaron feridos leves na mañá deste xoves ao desprenderse parte do forxado...

García Mateo aposta por unha UVigo máis presente na cidade e conectada coa sociedade

A reitora da Universidade de Vigo (UVigo), Carmen García Mateo, reivindicou a importancia de...

Veciños do centro de Vigo piden trasladar a acampada pola vivenda para protexer a Alameda

Veciños do centro de Vigo defenderon este mércores a necesidade de primar a protección...