InicioVigo e contornaVigoA reforma do paseo afundido no Marisquiño demórase por falta de materiais

A reforma do paseo afundido no Marisquiño demórase por falta de materiais

Prevese que os traballos rematen no primeiro trimestre do ano que vén.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Os problemas coa subministración de materiais atrasaron as obras de reforma da zona do paseo das Avenidas que se esborrallou durante a celebración dun concerto no festival O Marisquiño de 2018, segundo informaron fontes da Autoridade Portuaria de Vigo que, no entanto, avanzaron que a finalización dos traballos está prevista para o primeiro trimestre do ano que vén.

Na ampliación do prazo da obra influíron tamén outros factores, como a proximidade do período do Nadal e as interferencias froito da necesaria compatibilización entre os traballos no lado do mar e o de terra, o que diminuirá o rendemento dos traballos durante estas datas.

A reconstrución do paseo atópase na fase dos traballos de pavimentación no lado de terra, unha vez terminadas as obras no lado do mar (a falta de equipamentos e pavimento de madeira). Así, actuarase na zona enlosada entre o edificio administrativo da Xunta e a escultura dedicada a Julio Verne.

Estas obras de reforma iniciáronse a principios de 2020 e contan cun orzamento de máis de 4 millóns de euros. Aínda que inicialmente estaba previsto que finalizasen a finais de ano, os problemas de subministracións están a retardar os traballos, que finalizarán no primeiro trimestre de 2022.

O pasado mes de outubro arrincou a montaxe dos elementos prefabricados que conforman a estrutura do paseo entre a delegación da Xunta e a escultura de Verne. Cando finalice esa colocación, procederase á pavimentación da zona enlosada, o que completará as actuacións. O pasado verán concluíronse as obras de mellora do primeiro tramo do paseo (entre a escultura e o centro comercial A Laxe), onde se pintou un carril bici que enlazará cos tramos previstos ao longo da fachada portuaria.

 

ÚLTIMAS

Buscan en Nova Zelandia a un mariñeiro galego que viaxaba a bordo dun palangreiro con base en Vigo

Efectivos de procura tratan de localizar a un mariñeiro galego, un xefe de máquinas...

Trasladada ao hospital con queimaduras unha veciña de Vigo tras un incendio na súa vivenda

Unha veciña de Vigo foi trasladada ao Hospital Álvaro Cunqueiro ao resultar ferida, con...

Vigo tomado por miles de “papanoeles” con fins solidarios

A tradicional "Papanoelada" de Vigo volveu a encher a cidade olívica de vehículos de...

Achan a 2 persoas falecidas en senllos pisos en Vigo, sendo necesaria a intervención dos bombeiros para abrir un

Dúas persoas foron achadas mortas na mañá deste venres en Vigo en senllos pisos...