A xornalista Carlota Corredera, premiada pola súa defensa do feminismo

Foi recoñecida nos premios Meninas 2021.

Carlota Corredera e Abel Caballero / eltelevisero.com

A xornalista Carlota Corredera (Vigo, 1974) foi unha das galardoadas na Comunidade de Madrid cos Recoñecementos contra a violencia de xénero ‘Meninas 2021’. O xurado valorou “o seu compromiso coas mulleres, co feminismo, coa igualdade e coas vítimas de violencia de xénero mostrado ao longo da súa traxectoria profesional”.

A Delegación Provincial de Participación Cidadá da Xefatura Superior de Policía de Madrid, o Equipo VioGén da 5ª Compañía da Garda Civil de Colmenar Viejo, o Grupo Luna da Policía Local de Alcobendas, a Fundación Luz Casanova e a xornalista Carlota Corredera foron elixidos como os Recoñecementos contra a violencia de xénero ‘Meninas 2021‘.

A ministra de Política Territorial e portavoz do Goberno, Isabel Rodríguez, e delegada do Goberno en Madrid, Mercedes González, presidiron hoxe o acto de entrega destes galardóns, que distinguen ás persoas e institucións que destacaron polo seu compromiso coa defensa dos dereitos da muller e a loita contra a violencia de xénero, con motivo do Día Internacional para a Eliminación da Violencia contra a Muller, que se conmemora o vindeiro xoves 25 de novembro.

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here