InicioVigo e contornaVigoStellantis Vigo recuperará parte da actividade da planta o vindeiro mércores

Stellantis Vigo recuperará parte da actividade da planta o vindeiro mércores

O luns prevese unha parada nos sistema 1 e 2 pola crise dos microchips.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A planta do grupo Stellantis en Vigo prevé reiniciar o mércores a actividade no seu Sistema 2, que, do mesmo xeito que o 1, parará a súa produción a partir deste luns debido á falta de aprovisionamentos derivada da crisis global dos microchips. Aínda que inicialmente a intención da dirección da factoría era estender a parada do Sistema 2 ata o venres, finalmente está previsto que se arrinque de novo o mércores ás 06,00 horas.

No caso do Sistema 1 non se prevén cambios respecto do anunciado o pasado venres, polo que os paros serán a partir do luns en todas as quendas de traballo ata o martes ás 6,00 horas.

Os problemas de falta de microcomponentes obrigaron á fábrica viguesa a suspender a súa produción en numerosas ocasións ao longo dos últimos meses e a eliminar de forma temporal a quenda de fin de semana do sistema 2 (o que monta as furgonetas e monovolúmenes). De feito, a comezos deste mesmo mes realizáronse suspensións de actividade no sistema 1.

Así mesmo, o persoal está afectada por un ERTE aprobado a finais de marzo pasado para afrontar esta situación. De cara ao próximo ano, o propio director da fábrica, Ignacio Bo, afirmou que “con toda seguridade” será preciso negociar outro expediente de regulación de emprego.

ÚLTIMAS

A Plataforma fronte á Masificación Turística pide unha moratoria de licenzas para VUT

A Plataforma fronte á Masificación Turística de Vigo e O Morrazo dirixiuse por carta...

O PP de Vigo pide a Caballero que deixe as “ambigüidades” sobre a biblioteca de Teis

O grupo municipal do PP no Concello de Vigo esixiu ao alcalde, Abel Caballero,...

O BNG volve pedir a retirada do busto de Juan Carlos I da entrada do Concello de Vigo

O BNG de Vigo volveu a reclamar este luns a retirada "permanente e definitiva"...

Detido en Vigo por ameazar cun coitelo a outro home durante unha pelexa

Axentes da Policía Local de Vigo detiveron a un home de 25 anos de...