InicioVigo e contornaVigoDenunciada en Vigo por circular sen carné, bébeda e sen seguro

Denunciada en Vigo por circular sen carné, bébeda e sen seguro

A muller, de 41 anos, fixo caso omiso ás indicacións dos axentes para deterse.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Axentes da Policía Local de Vigo denunciaron a unha condutora, L.G.C.R., de 41 anos de idade e natural de Madrid, despois de sorprendela circulando baixo os efectos do alcol, sen carné e co coche sen o seguro obrigatorio. Segundo informaron fontes policiais, os feitos ocorreron na madrugada deste luns, cando unha dotación que se atopaba na Avenida Atlántida observou un turismo que circulaba de forma errática.

Os axentes situáronse a par da condutora e fixéronlle indicacións para que se detivese, pero esta fixo caso omiso e continuou a marcha. Finalmente, e tras unha persecución, os policías cortáronlle o paso e lograron que parase. Ao identificar á condutora, os funcionarios decatáronse de que presentaba síntomas de estar baixo os efectos do alcol, polo que lle realizaron a proba de alcoholemia, que deu un resultado positivo de 0,77 e 0,76 mg/l, o que excede o límite penal e supón un delito contra a seguridade viaria.

Ademais, ao realizar o cotejo de datos, a Policía tamén comprobou que o vehículo carecía do seguro obrigatorio e que a muller non tiña permiso de conducir (porque nunca o obtivo). Por estes feitos foi denunciada, mentres que o coche foi inmobilizado e trasladado ao depósito municipal.

MOTORISTA CO CARNÉ SUSPENDIDO

Por outra banda, a Policía Local de Vigo tamén informou da apertura de dilixencias de denuncia contra outro condutor, un home de 53 anos de idade, J.A.M.M. Este veciño da cidade olívica circulaba nunha motocicleta por cálea República Arxentina na madrugada do pasado domingo cando foi interceptado por unha dotación do 092.

Tras identificalo e facer as comprobacións telemáticas, os axentes corroboraron que lle figuraba unha perda de vixencia do permiso de conducir ata o ano 2023, polo que foi denunciado.

ÚLTIMAS

“Levo ao voso equipo en espírito!”… Madonna aínda ten a camisola do Celta

Madonna respondeu, 72 horas despois, á chamada do Real Club Celta de Vigo na...

O AVE Vigo-Lisboa podería estar rematado en 2033

O primeiro ministro de Portugal, Luís Montenegro, destacou que a liña de alta velocidade...

O padroado do Ifevi presenta unha nova tasación das instalacións para avanzar na súa xestión compartida

O padroado do Ifevi trasladou este venres á Xunta, ao Concello de Vigo e...

Abel Caballero denuncia un “ataque frontal” de Rafael Louzán contra a candidatura de Vigo para o Mundial 2030

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, asegurou este venres que o presidente da Real...