InicioPolíticaO senador Javier Guerra segue dando pasos para dirixir o PP de...

O senador Javier Guerra segue dando pasos para dirixir o PP de Vigo

Quere encabezar unha "iniciativa de unidade".

PUBLICADO O

- Advertisement -

O senador e exconselleiro do PP, Javier Guerra, reivindicou este luns “unha unidade que saia de Vigo” e das “raíces” do partido na cidade e, aínda que volveu eludir pronunciarse sobre se encabezará unha candidatura cando se convoque o congreso local, reivindicou aos seus como “a voz” da militancia.

Guerra lembrou que non confirmou que vaia presentar candidatura para aspirar a dirixir o PP de Vigo porque o congreso local aínda non foi convocado.

Respecto diso, matizou que si fixo pública unha “iniciativa de unidade” na que participan, entre outros, a tamén senadora e exconselleira Elena Muñoz (que presidiu o PP vigués e dimitiu tras os malos resultados nas municipais de 2019); o deputado Diego Gago; o portavoz municipal, Alfonso Marnotes; ou a parlamentaria autonómica Teresa Egerique.

“Se hai un Congreso local, presentaremos candidatura… ou non”, afirmou, e insistiu en que a súa iniciativa de saír á palestra pública con esa proposta de unidade ten como obxectivo “que o partido saiua o máis reforzado posible” e “coa unidade que os afiliados reclaman”.

Nese sentido, Javier Guerra subliñou que leva “moito tempo” en contacto cos militantes, escoitando as súas inquietudes, e que estes lle trasladaron dúas peticións: “Que haxa unidade, e que esa unidade saia de Vigo, das nosas raíces, de abaixo a arriba”.

Ademais, apuntou que, cando se convoque o congreso local, debe exporse unha “candidatura de unidade” e expresou a súa esperanza de que “todos teñan o mesmo concepto de unidade” que os militantes, ao seu xuízo, reclaman. “Escoitamos desde hai moito tempo aos militantes, con moita atención, e cremos que somos a voz de moitos deles”, engadiu.

A mensaxe trasladada este luns por Guerra non é en absoluto gratuíta e é que todo parece indicar que o exconselleiro, se opta por encabezar unha candidatura para presidir o PP de Vigo, podería ter como opoñente á actual delegada territorial da Xunta na cidade, Marta Fernández-Tapias.

A delegada, que tampouco confirmou a súa candidatura alegando que non hai congreso convocado, si recoñeceu contactos cos militantes. Fernández-Tapias desenvolveu ata agora a súa carreira política no ámbito autonómico no equipo de Feijóo, e o seu cargo como delegada territorial depende da vicepresidencia primeira da Xunta, que ostenta Alfonso Rueda, tamén presidente do PP na provincia de Pontevedra.

ÚLTIMAS

Xulgado en Vigo por golpear cun martelo na cabeza ao seu veciño tras unha disputa veciñal

A sección do Penal do Tribunal de Instancia Praza 3 de Vigo acolle este...

O temporal complica o tráfico aéreo en Vigo: voos desviados, cancelacións e avións que tiveron que regresar a orixe

O temporal que afecta estes días a Galicia tamén obrigou a cancelar e a...

O BNG de Vigo esixe un “cambio radical” no bus urbano ante a perda de 1,3 millóns de viaxeiros

O BNG de Vigo esixiu un "cambio radical" no modelo de transporte urbano da...

Retroceder as praias ou recuar a Administración

O que está a acontecer este inverno na costa da ría de Vigo non...